Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.079 novas da C. de Sanidade:

21/11/2025 | 11:30 | C. de Sanidade

A Xunta convoca as subvencións para actividades de prevención de condutas aditivas realizadas por concellos e entidades locais, ás que destina máis de 2,5 millóns de euros

A Consellería de Sanidade incrementa a contía por proxecto desta liña de axudas para axudar as persoas con trastornos aditivos

20/11/2025 | 20:04 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño pon en valor a actividade e a calidade dos servizos de traumatoloxía do Sergas, que en 2024 realizaron máis de 30.200 intervencións cirúrxicas

Agradece ao presidente da Real Federación Galega de Fútbol a insignia de prata concedida á Consellería, que supón un recoñecemento colectivo ao traballo de miles de persoas e reflicte que a sanidade pública galega é sinónimo de Galicia Calidade

20/11/2025 | 17:41 | C. de Sanidade

Galicia avanza na campaña de vacinación con máis de 600.000 galegos inmunizados fronte á gripe e 360.000 fronte á covid

O sistema sanitario público galego conta cun dos programa de inmunización máis amplos de todo o mundo

20/11/2025 | 16:28 | C. de Sanidade

A Xunta publica as subvencións concedidas por máis de 1,3 M€ para 46 programas sociosanitarios no ámbito dos trastornos mentais e das adiccións

As axudas, recollidas no Diario Oficial de Galicia de hoxe, están destinadas a programas psicosociais de prevención das adiccións, de fomento da empregabilidade ou de prevención do suicidio

20/11/2025 | 15:02 | C. de Sanidade

A onda epidémica de gripe mantén unha intensidade baixa con tendencia crecente

O último informe de actividade das infeccións respiratorias agudas da Dirección Xeral de Saúde Pública indica que a taxa de consultas por gripe en atención primaria aumenta en todos os grupos de idade

20/11/2025 | 13:25 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño subliña o salto de calidade asistencial acadado coa nova unidade de ictus de Ourense, que atendeu xa 20 pacientes

Remarca que con esta unidade a Xunta materializa o seu compromiso cos habitantes de Ourense e, ademais, garante a equidade no acceso ao sistema sanitario

20/11/2025 | 11:10 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Sanidade

O Consello de docencia clínica ratifica o acordo para a descentralización de Medicina en Galicia

Os conselleiros de Educación e de Sanidade celebran o consenso acadado arredor dun documento con visión de país que beneficia aos estudantes e aos hospitais

19/11/2025 | 20:08 | C. de Sanidade

O proxecto E-Diabetes do Servizo Galego de Saúde resulta premiado na v edición dos premios Ennova Health 2025

Este programa fai un seguimento dos niveis de glicosa de máis de 12.000 pacientes por medio de sensores de envío domiciliario e garantindo a integración dos datos na historia clínica electrónica

19/11/2025 | 13:37 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño apela á responsabilidade para evitar unha folga en atención primaria e acordar medidas que melloren a asistencia sanitaria e as condicións laborais dos seus profesionais

O titular de Sanidade traslada a vontade da Xunta de acadar solucións de forma “dialogada, negociada e acordada con todos os axentes implicados”