Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 16.451 novas:

19/09/2024 | 12:23 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita as obras de urbanización da rúa na Vila e a praza de San Antonio en Puxedo, no concello de Lobios, que suporán un investimento de preto de 148.000€

A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia recolle esta licitación, establecendo un prazo de presentación de ofertas que finaliza o 15 de outubro

19/09/2024 | 11:46 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta apoia a xornada ‘Emprega-T Fest’ que celebra en Lugo a Universidade de Santiago para conectar empresas e persoas en busca de emprego

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou hoxe na inauguración do evento, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias

19/09/2024 | 11:42 | C. de Sanidade

A Xunta avanza na humanización de espazos cun horto e xardín terapéuticos para nenos ingresados no Hospital Teresa Herrera da Coruña

O Goberno galego, no marco da súa Estratexia de Humanización da Asistencia Sanitaria, está a levar a cabo accións dirixidas á mellora das instalacións sanitarias, con espazos máis amables

19/09/2024 | 11:28 | C. de Sanidade

A Xunta adxudica por preto de 400.000 € as obras de reforma do centro de saúde de Domaio, no concello de Moaña

A actuación consistirá na substitución da carpintería exterior de aluminio e do panel de fachada, así como na renovación do novo sistema de impermeabilización das cubertas para evitar filtracións de auga

19/09/2024 | 11:06 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca a aposta do III Ecommerce Day pola tranformación dixital das empresas galegas

A directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, Margarita Ardao, participou hoxe nesta xornada de referencia do comercio e o márketing dixital do Noroeste de España

19/09/2024 | 10:56 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Galicia prepárase para o despregamento da intelixencia artificial na xestión educativa co deseño dun marco ético

O conselleiro Román Rodríguez subliña que o obxectivo é aplicar os beneficios da IA para mellorar o funcionamento e os resultados do ensino

19/09/2024 | 10:43 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta aborda nun congreso a situación actual da planta local galega e fórmulas de cooperación intermunicipal para garantir a prestación de servizos

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou xunto con representantes das tres universidades galegas e da Fundación Juana de Vega na inauguración do evento

19/09/2024 | 09:49 | C. do Medio Rural

Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 09.00 h. de hoxe

Permanece activo, tras a súa reactivación, o lume do concello ourensán da Gudiña, parroquia de Pentes, e segue estabilizado o outro incendio deste municipio, rexistrado na parroquia de Barxa

18/09/2024 | 21:31 | A Presidencia da Xunta; Axencia de Turismo de Galicia

Rueda ensalza a rehabilitación do Mosteiro de Oia como un exemplo de protección do patrimonio galego e motor de desenvolvemento turístico

Destaca esta iniciativa como o “inicio dunha nova etapa” para este emblemático monumento que conta cunha axuda de 4 M€ por parte da Xunta para albergar un hotel e un restaurante