Actualidade
Buscador de novas
A Xunta pon en valor a capacidade dinamizadora do Bono Activa Comercio en Pontevedra na primeira xornada de uso polos clientes
O delegado territorial visitou varias tendas do centro pontevedrés e corroborou a satisfacción dos comerciantes coa iniciativa
A Xunta licita por máis de 1,2 M€ as obras de mellora do firme en dúas estradas autonómicas da provincia de Lugo ao seu paso polos concellos de Monterroso, Taboada e Palas de Rei
Intervirase ao longo dos arredor de 20 km de lonxitude que suman as dúas estradas que conforman o eixe de comunicación destes tres municipios, realizando reforzos localizados e puntuais do pavimento
Rueda destaca a importancia dos proxectos da economía social para acadar a inclusión a través de empregos de calidade
Pon ao Centro Especial de Emprego do Grupo Social ONCE como exemplo do seu compromiso na consecución dunha sociedade “máis xusta, igualitaria e inclusiva” e tamén coa creación de emprego estable e de calidade
A Xunta adxudica por máis de 2,7 M€ a execución das obras do novo centro de saúde de Abegondo
O novo equipamento sanitario permitirá a renovación dunha infraestrutura que ten xa máis de 35 anos e favorecerá unha atención máis integral a case 5.000 pacientes
Lorenzana resalta o compromiso do sector dos áridos en Galicia coa sustentabilidade, a formación e a seguridade e saúde laboral
Avanza que, no marco da Axenda de Impulso á Minaría Sostible de Galicia, a Xunta está pechando un convenio de colaboración con Arigal que recolle diferentes actuacións para dar a coñecer este sector e as súas potencialidades en diversos ámbitos; entre eles, o educativo
Xunta de Galicia e Fundación CEL amplian a súa colaboración para impulsar a aceleradora BFaero
Avanzaron na sinatura dunha addenda ao convenio actual por importe dun millón de euros para atender novas necesidades e poñer en marcha unha análise Sandbox aproveitando as infraestruturas existentes en Rozas
Ana Ortiz anima aos emprendedores vigueses a facer o “seu bo camiño” co impulso da Xunta e a través do evento The Way Startup Summit 2024
A delegada territorial participou este venres na presentación do foro de emprendemento que acollerá Vigo o vindeiro mes de maio