Actualidade
Buscador de novas
A Xunta pon en valor o éxito do programa reencontros con Galicia por traer este ano á comunidade a máis de 200 maiores de 65 anos residentes no exterior
Procedentes da Arxentina, O Brasil, Venezuela, O Uruguai, Cuba ou Perú, os participantes están aloxados nas residencias de tempo libre da Xunta en Panxón e O Carballiño e regresan mañá, agás os que quedarán máis tempo para estar coa familia
Galicia e o Norte de Portugal reforzan a cooperación transfronteiriza na atención ás emerxencias coa formación de 150 estudantes en técnicas de reanimación cardiopulmonar
O 061 de Galicia e a Escola Superior de Saúde da Cruz Vermella Portuguesa-Alto Támega realizan un adestramento masivo co obxectivo de mellorar a supervivencia no caso de presenciar unha parada cardiorrespiratoria
Galicia traslada á Comisión Europea as prioridades das rexións costeiras para a futura Política Pesqueira Común
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, encabezou en Bruxelas unha delegación da Conferencia de Rexións Periféricas Marítimas (CRPM) nun encontro con responsables da Dirección Xeral de Asuntos Marítimos e Pesca (DG MARE)
A Xunta destaca a cooperación entre Galicia e o Norte de Portugal para reforzar a competitividade da Eurorrexión
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou na inauguración do I Foro Atlántico Transfronteirizo
A Xunta pon en valor a presenza do Camiño de Santiago no desfile co gallo do Día da Hispanidade de Nova York
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e o comisario do Xacobeo 2027, Marcos Gómez Román, asistiron ao desfile no que tomaron parte carrozas decoradas por entidades galegas no país con motivos do Ano Santo
A Xunta pon en valor en Córdoba o papel dos centros galegos do exterior na conexión coa Galicia de hoxe e como embaixadores do Xacobeo 2027
O secretario xeral da Emigración e o comisario do Xacobeo 2027 visitaron o Centro Galego de Córdoba e participaron na presentación do Ano Santo Xacobeo 2027
A Xunta pon de relevo a especial relación entre o Camiño de Brochero e a ruta Xacobea como símbolo da importancia da galeguidade no país
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, reuniuse na Arxentina co gobernador de Córdoba, Martin Llaryora, e posteriormente visitou o Centro de Interpretación O Camiño de Brochero
A Xunta celebra na arxentina o éxito do Programa Conecta con Galicia no Camiño como mostra da ilusión por retornar da comunidade no exterior
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, tomou parte na entrega de compostelas a 39 das persoas participantes este ano na iniciativa, onde destacou que case 700 galegos da Arxentina retornaron en 2024, último exercicio con rexistros