Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 788 novas da área temática i+D+i:

16/07/2026 | 16:01 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Galicia e norte de Portugal promoven proxectos innovadores conxuntos sobre industria, turismo, saúde e sector primario

Presentan en Viana do Castelo o proxecto MAISRIS3T, liderado pola Xunta de Galicia cun orzamento de case 1 M€ para actividades transfronteirizas ata 2028

14/07/2026 | 16:24 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta celebra a innovación con impacto do Citius, centro de investigación da Rede Cigus e piar da I+G+i

A directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, salienta que a atividade do CiTIUS é un exemplo de converter investimento público en resultados

14/07/2026 | 15:12 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A empresa Celtarys Research, apoiada polo programa Ignicia da Xunta, presenta a súa tecnoloxía para acelerar o descubrimento de fármacos

A spinoff da Universidade de Santiago de Compostela emprega ferramentas fluorescentes en lugar de substancias radioactivas en ensaios preclínicos, o que permite acurtar os tempos, reducir os custos e aumentar a seguridade

14/07/2026 | 14:13 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta destaca o potencial de Galicia para ser un referente na reutilización de baterías de vehículos eléctricos, un sector clave na transición ecolóxica

Ángeles Vázquez explica que desde 2024 a planta pontevedresa desenvolve un proxecto piloto e pioneiro en Galicia que permite desmontar e analizar cada cela de ión-litio para aproveitalas na fabricación de novos sistemas de almacenamento

13/07/2026 | 17:10 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta salienta o traballo excelente do CiQUS, centro galego que vén de recibir o prestixioso selo científico María de Maeztu

O secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez, asiste en Valencia ao acto de entrega da distinción a este centro referente en investigación química pertencente á Rede CIGUS

10/07/2026 | 16:01 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta apoia o crecemento da empresa biotecnolóxica ODS Protein a través do programa Neotec

A empresa, centrada no desenvolvemento de proteínas alternativas para a industria alimentaria de xeito sostible, conta cunha axuda de máis de 231.000 € para desenvolver o seu plan de negocio ata 2027

09/07/2026 | 14:59 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Galicia conta con máis da metade de xestores de I+D+i con acreditación internacional rexistrados en España

Profesionais galegos dedicados á I+G+i achéganse nunha xornada organizada pola Xunta a novos modelos de transferencia de coñecemento do Reino Unido

08/07/2026 | 17:32 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta destaca a súa aposta polas tecnoloxías avanzadas nun encontro sobre políticas públicas para a ciencia en Cantabria

A nova Estratexia de Biotecnoloxía de Galicia 2026-2030, a liña de comunicacións cuánticas entre Santiago e Vigo que agora se amplía a Portugal, o novo Cesga ou a factoría europea de IA 1HealthAI son fitos que sitúan a Galicia á vangarda

07/07/2026 | 16:19 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O impacto dos investigadores do programa Oportunius da Xunta alcanza os 123 M€

Román Rodríguez destaca na presentación dun informe sobre este programa que é un factor decisivo “para reter e incorporar líderes científicos de primeiro nivel”

02/07/2026 | 14:48 | A Presidencia da Xunta; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Rueda reivindica o liderado tecnolóxico de Galicia para atraer talento e impulsar a competitividade do tecido produtivo

Valora a posta en marcha de infraestruturas como a de AIMEN, da cal o Goberno galego financiou o 50%, para transformar o coñecemento científico en solucións reais para o día a día