Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 480 novas da área temática Dixital:

27/02/2026 | 12:23 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta aposta pola dixitalización na xestión dos residuos co emprego da intelixencia artificial para optimizar a recollida por parte dos concellos

Ángeles Vázquez destaca que o Plan de Transformación Dixital de Sogama, cun investimento de máis de 2,8 M€, busca que tanto a empresa pública como os 304 municipios aos que dá servizo melloren a eficiencia e aforren custos

26/02/2026 | 11:50 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta inicia a implantación dun laboratorio e centro demostrador para anticipar riscos e validar solucións de ciberseguridade

Esta infraestrutura estratéxica foi presentada hoxe polo director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia nunha xornada que tivo lugar na Cidade da Cultura

23/02/2026 | 11:53 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia; C. de Facenda e Administración Pública; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta incorpora a rede iCousas ao catálogo de servizos dixitais para os concellos e reforza a cooperación tecnolóxica coas entidades locais

Esta infraestrutura de sensorización facilita a monitorización do territorio, de variables ambientais, a optimización de servizos públicos, a mellora da toma de decisións e o impulso da dixitalización do medio rural

21/02/2026 | 11:34 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta contribúe á formación de 7.000 familias a través do novo Plan de benestar dixital

Román Rodríguez salienta a importancia da “alianza coas familias” para promover un uso responsable e a convivencia saudable cos dispositivos dixitais na mocidade

18/02/2026 | 12:59 | C. de Facenda e Administración Pública; Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia convoca novos cursos para obter a certificación galega de competencias dixitais

Ofrece dous plans formativos en liña e titorizados para obter o Comdix no nivel de iniciación

16/02/2026 | 13:42 | C. de Economía e Industria

A Xunta concede axudas a estacións de servizo para a súa modernización tecnolóxica e dixital

Ana Ortiz visitou este luns a estación de servizo Monte Real, en Baiona, tras recibir unha das axudas encamiñadas á modernización tecnolóxica e dixital

13/02/2026 | 11:46 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta organiza en Vigo unha xornada de formación para familias sobre benestar emocional na adolescencia

A sesión, da man de tres expertos na materia, terá lugar o sábado 21 de febreiro no Conservatorio Superior de Música de Vigo, con inscrición xa aberta de balde no Portal Educativo

10/02/2026 | 13:07 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta consolida a súa alianza coa Federación Galega de Comercio a prol da dinamización, formación e dixitalización do sector

José González destacou a relevancia de colaborar con axentes estratéxicos como as entidades asociativas e salientou o convenio anual entre a Xunta de Galicia e a Federación Galega de Comercio, cun orzamento próximo aos 700.000 euros

08/02/2026 | 11:07 | C. de Sanidade

A plataforma tecnolóxica Sanidade Mediaverso da Xunta, recoñecida cun premio estatal de investigación polo seu impacto no benestar emocional

Resultou premiada no ámbito da investigación sanitaria ao formar parte do proxecto galardoado no ámbito comunitario e social dos Premios de Investigación do Consello Xeral de Enfermería