Actualidade
Buscador de novas
Belén do Campo e a alcaldesa de Boimorto destacan os apoios da Xunta neste concello para a contratación de socorristas e de desempregados para tarefas de prevención de incendios
A delegada da Xunta destacou a importancia da colaboración institucional entre ambas administracións para dar resposta ás demandas dos veciños de Boimorto e avanzar na mellora das infraestruturas e servizos públicos do municipio
Rueda destaca o sector forestal-madeira como un gran motor económico e sostible para o desenvolvemento de Galicia
Salienta a súa capacidade para xerar riqueza, fixar poboación e reequilibrar o territorio ao representar ata o 50% do emprego industrial en moitos municipios
Galicia e outras 13 comunidades defenden ante a Unión Europea o rigor técnico da súa xestión do lobo e denuncian a actitude arbitraria do Goberno central
Cuestionan que se abra trámite de información pública para o lobo, pero que se dea por válido o traballo autonómico sobre outras especies, que se fixo co mesmo procedemento, cos mesmos participantes e cos mesmos criterios
A UPA e a UIFO de Medio Rural colaboran nunha investigación que permitiu identificar tres persoas como presuntas autoras de varios lumes intencionados
As actuacións iniciáronse tras detectarse varios incendios forestais de orixe intencionada en distintos puntos da comarca de Terra de Celanova, con patróns similares de execución
Medio Rural promove traballos silvícolas preventivos en máis de 10 hectáreas de monte en Noia
A directora xeral de Planificación e Ordenación Forestal, Luisa Piñeiro, visitou hoxe estes terreos, nos que se levan a cabo rozas, podas e rareos destinados a mellorar a súa saúde e vitalidade, así como a súa resistencia a pragas e enfermidades
Medio Rural avanza nos trámites do polígono agroforestal de Barzamedelle, en Leiro, e destaca os traballos de roza realizados
A conselleira María José Gómez comprobou os resultados destas tarefas que xa se executaron en tres cuartas partes da súa superficie
A Xunta organiza un simulacro de lume forestal para ensaiar o operativo de emerxencias na provincia de Lugo
O delegado territorial, Javier Arias, e o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, participaron na actividade, que se desenvolveu en Castroverde e Baleira
Medio Rural avanza na cooperación europea para mellorar a defensa contra os incendios forestais
A conselleira María José Gómez presentou hoxe o novo equipamento adquirido pola Xunta no marco do proxecto Interreg Sudoe USE4FOREST, consistente en dúas furgonetas que funcionarán como Postos de Mando Avanzado
Medio Rural adopta como medida preventiva a suspensión temporal das queimas agrícolas e forestais de particulares desde este venres
Isto implica que non se darán máis permisos e os xa concedidos non terán validez a partir deste 29 de maio
Xunta e Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia forman a máis de 160 profesionais do sector sobre a rehabilitación de estruturas de madeira
O director xeral da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Alfredo Fernández, asiste en Ourense ao taller práctico impartido por técnicos do CIS-Madeira co que se da por rematado o curso formativo