Actualidade
Buscador de novas
A Xunta chama á participación do sector retallista para ter listo o Plan estratéxico do comercio de Galicia 2025-2030 no primeiro trimestre do ano que vén
José González apelou aos encontros que se seguirán mantendo cos comerciantes e ao correo electrónico que se habilitará co obxecto de que fagan chegar as súas achegas para acertar tanto na diagnose da situación do sector como nas medidas a aplicar
A Xunta pon de relevo a sustentabilidade e a innovación como eixos estratéxicos na recuperación dos oficios tradicionais e no impulso da artesanía
José González puxo en valor a iniciativa de Fran Millán, galardoada co Premio Artesanía de Galicia 2023 e centrada no deseño e elaboración de mobles utilitarios a partir da reciclaxe de madeira das bateas procedentes das rías galegas
A Xunta traballa nun plan extraordinario de inspección en materia de seguridade industrial enfocado a hoteis, centros comerciais e espazos de ocio
A directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, Margarita Ardao, participou hoxe en Vigo na inauguración da I Xornada sobre seguridade industrial organizada polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia en colaboración coa Consellería de Economía e Industria
A Xunta promove as vendas de proximidade na provincia de Lugo coa campaña ‘Merca no teu comercio’
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participaron na presentación desta iniciativa enmarcada na colaboración entre o Goberno galego e a Federación Galega de Comercio
A Xunta participa na entrega das xoias da Virxe do Faro de Chantada elaboradas nun obradoiro de Artesanía de Galicia
A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, asistiu hoxe á Romaría do Faro Grande, no Monte Faro, na que se fixo entrega á Virxe das xoias elaboradas nun obradoiro impartido pola ourive compostelá Susi Gesto
A Xunta impulsa o achegamento aos oficios artesanais na Feira dos Remedios de Ponteareas
A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, visitou a XVI edición deste evento que se celebra ata mañá na vila pontevedresa e no que participan 10 obradoiros de Artesanía de Galicia
A Xunta apoia o comercio local de Sarria no marco da orde de axudas para o impulso e revitalización dos centros comerciais abertos
A Administración autonómica vén de resolver a axuda á Asociación de Comerciantes e Empresarios de Sarria (ACES) para impulsar accións de dinamización e promoción do seu centro comercial aberto, ao abeiro da orde específica para este sector
A Xunta continúa avanzando no proceso de diálogo e cooperación para impulsar o comercio de proximidade e potenciar as prazas de abastos
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, reuniuse esta mañá con representantes do concello de Viveiro e do centro comercial aberto da localidade para abordar aspectos relativos ao impulso do comercio local no municipio lucense