Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.300 novas da área temática Forestal:

26/05/2026 | 14:05 | C. do Medio Rural

Medio Rural inviste máis de 225.000 euros en traballos silvícolas preventivos no distrito forestal Deza-Tabeirós

A conselleira do Medio Rural visitou o monte do Sixto, no concello de Forcarei, onde se realizaron actuacións nunha superficie de máis de 5 hectáreas

24/05/2026 | 12:32 | C. do Medio Rural

Medio Rural destaca a importancia dos soutos de castiñeiros na conservación da riqueza forestal galega

A directora xeral de Planificación e Ordenación Forestal, Luisa Piñeiro, asistiu a unha xornada técnica sobre o castiñeiro organizada pola Asociación Galega das Castañas e dos Soutos en Lalín

23/05/2026 | 10:48 | C. do Medio Rural

Extinguido un incendio no concello coruñés de Monfero, parroquia de Queixeiro, que afectou o Parque Natural das Fragas do Eume

O lume iniciouse ás 23.04 horas de onte e rexistrou finalmente unha superficie de 1,6 hectáreas, todas elas de monte arborado

22/05/2026 | 17:08 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
22/05/2026 | 16:47 | C. do Medio Rural

Os labores de restauración tras os incendios en Cualedro suporán un investimento de algo máis de 200.000 €

A directora xeral de Planificación e Ordenación Forestal da Consellería do Medio Rural, Luisa Piñeiro, reuniuse con responsables de comunidades de montes veciñais en man común deste concello ourensán para explicarlles as actuacións previstas

22/05/2026 | 13:01 | C. do Medio Rural

Medio Rural lembra aos propietarios a importancia de xestionar a biomasa nas faixas secundarias antes do 31 de maio

O director xeral de Defensa do Monte, Manuel Francisco, presidiu hoxe a comisión de seguimento do convenio asinado entre a Consellería e a empresa pública Seaga para dar apoio a particulares e municipios no cumprimento das súas obrigas

21/05/2026 | 13:37 | C. do Medio Rural

A Xunta e as demais administracións consolidan a súa coordinación na loita contra os incendios forestais na provincia de Ourense

Manuel Pardo salientou que tras unha campaña moi complicada, como foi a do ano pasado, “fixemos obviamente unha análise profunda co obxectivo de seguir reforzando o noso dispositivo de prevención e loita contra os incendios forestais e orientalo a este tipo de novos lumes”

19/05/2026 | 15:18 | C. do Medio Rural

A Xunta acolle unha reunión de coordinación dos operativos contra incendios forestais da provincia de Lugo

Todos os servizos implicados participarán o 27 de maio nun simulacro de lume de nivel 2 entre Baleira e Castroverde para ensaiar a resposta conxunta dos equipos de emerxencias ante unha situación de risco