Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 530 novas da área temática Portos:

30/05/2025 | 14:50 | Axencia de Turismo de Galicia

Xosé Merelles destaca o impulso da Xunta ao turismo náutico con máis de 3 M€ para a mellora de infraestruturas en portos

Presentou en Baiona a regata 52 Super Series que se desenvolverá na vila pontevedresa da man do Monte Real Club de Iates

28/05/2025 | 13:07 | C. do Mar

Alfonso Villares defende a sostibilidade como un dos elementos que garanten a soberanía alimentaria

Para lograr este obxectivo, destaca a importancia de apostar pola I+D+I, que debe ser en equilibrio cos piares social e económico, tal e como a Xunta defende no marco da reforma da PPC

27/05/2025 | 18:27 | C. do Mar

Villares defende o papel esencial do sector do mar para o subministro de alimentos de calidade á poboación

Considera que a suma dun menor impacto ambiental, xunto á calidade dos produtos das rías galegas, tamén fortalece unha cadea de valor máis xusta

26/05/2025 | 15:49 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria; C. do Mar
25/05/2025 | 11:31 | C. do Mar

Galicia rexeita os criterios de aplicación dos coeficientes redutores de xubilación para a frota palangreira-conxeladora e arrastreira-conxeladora

Segundo estes valores, os barcos rexistrados nestas modalidades non teñen a consideración de buques conxeladores, o que supón unha discriminación a esta frota que faena en augas internacionais e que é maioritariamente galega

24/05/2025 | 11:32 | C. do Mar

A Xunta e o IIM-CISC abordan co proxecto ‘RIFA’ o estudo da resposta inmune da ameixa rubia fronte os factores ambientais

O titular de Mar destaca que este traballo permitirá reforzar a actividade extractiva afondando no coñecemento dos factores máis influentes na supervivencia desta especie e optimizar as condicións da súa colleita

23/05/2025 | 16:21 | C. do Mar

A Xunta inviste 375.000 euros na mellora dos departamentos de armadores de San Cibrao, en Cervo

O conselleiro do Mar comprobou o desenvolvemento dos traballos iniciados esta semana e que permitirán mellorar a condición de traballo nos 10 locais de uso profesional

22/05/2025 | 15:19 | C. do Mar

Belén do Campo visita o buque de asalto anfibio Castilla atracado no porto da Coruña

A representante do Goberno galego destacou a importancia deste tipo de escalas para achegar ás galegas e galegos o labor das Forzas Armadas, así como para reforzar os lazos de colaboración institucional

22/05/2025 | 15:04 | C. do Mar

A Xunta contribúe á rexeneración do banco de libre marisqueo de Bohído-Ría de Arousa coa semente de 145.700 unidades de ameixa babosa

Os exemplares son o resultado do traballo do Instituto Galego de Formación en Acuicultura (Igafa), no marco da liña estratéxica do Goberno galego de conservación e restauración da biodiversidade e dos ecosistemas mariños

22/05/2025 | 14:44 | C. do Mar

Villares expón a varias delegacións internacionais de acuicultura o esforzo inversor da Xunta pola formación neste eido

No centros de Formación Profesional, dependentes da Consellería, hai máis de 500 persoas matriculadas, o maior número de inscritos desde o curso 2018-2019