Actualidade
Buscador de novas
Rueda pon en valor o peso estratéxico da industria alimentaria e reafirma o compromiso da Xunta para garantir o emprego e a competitividade
Subliña que este sector é un dos grandes motores de Galicia e agradece o labor de distribuidores que, como Vegalsa-Eroski, son parte esencial da cadea de valor e apostan polo produto de proximidade e de calidade diferenciada
A Xunta publica a primeira orde para rehabilitar vivendas destinadas a persoas traballadoras co obxecto de cubrir vacantes e fixar poboación no rural
O DOG publica hoxe a convocatoria conxunta das consellerías de Emprego e Vivenda que —cun orzamento inicial de 1,5 M€— busca poñer a disposición de persoas contratadas en Galicia vivendas situadas en concellos de menos de 20.000 habitantes
A Xunta constitúe a Mesa do Diálogo Social de Galicia e arranca a abordaxe cos axentes sociais de temas como o benestar laboral e o impacto do absentismo
José González destaca que coa constitución formal deste espazo, recentemente institucionalizado, se abre unha nova etapa baixo un marco permanente e estable entre Xunta, patronal e sindicatos para abordar os principais retos do mercado laboral
Preto de 2.700 persoas están chamadas a participar este venres nas oposicións para 228 prazas de emprego público do Servizo de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais
Un operativo formado por unhas 90 persoas controlará que os procesos selectivos se desenvolvan de xeito correcto e con total seguridade
A Xunta impulsa o campus formativo de igualdade laboral cunha nova formación en Pontevedra sobre boas prácticas na retención e atracción de talento
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou esta tarde na inauguración desta actividade formativa impartida pola auditora laboral e especialista en materia de igualdade Catarina Capeáns
O Centro Superior de Hostalería de Galicia forma a 24 novos chefs que se incorporan ao mercado laboral galego
Xosé Merelles puxo en valor o período de prácticas de tres meses que comezan noutros tantos restaurantes galegos de prestixio como nexo co tecido empresarial
Galicia impulsa a mentorización sobre a industria musical entre a mocidade coa primeira edición dunhas xornadas de convivencia a finais de maio en Muxía
Esta actividade enmárcase no programa deste ano do Camiño do emprendemento musical, organizado por Wake Up coa colaboración da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Rueda pon a Covirán como exemplo de éxito da economía social e destaca a súa aposta por Galicia coa modernización da súa plataforma loxística
Salienta o papel destas fórmulas empresariais para xerar riqueza e fixar poboación