Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 566 novas da área temática Dixital:

16/09/2026 | 13:28 | C. de Facenda e Administración Pública

Corgos destaca o éxito do programa Enredando Tour que permitiu xa achegar as ferramentas dixitais a máis de 1.300 maiores do rural

O conselleiro de Facenda e Administración Pública asistiu á clausura da cuarta edición, na que participaron máis de 240 persoas de 21 localidades

10/09/2026 | 12:46 | C. de Facenda e Administración Pública; Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

A Xunta impulsa a XI edición do Programa Scratch Day para achegar a programación a nenos e nenas de 7 a 15 anos

As actividades arrancan mañá venres e desenvolveranse ata outubro en aulas da Rede CeMIT de catro concellos galegos

08/09/2026 | 10:43 | C. de Facenda e Administración Pública

Galicia aposta pola especialización tecnolóxica en ámbitos como o dos xemelgos dixitais para a xestión do territorio

O director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia inaugurou hoxe unha xornada coas CC.AA. que participan nun proxecto das Redes Territoriais de Especialización Tecnolóxica

01/09/2026 | 11:45 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta convoca novas probas para obter a certificación galega de competencias dixitais no nivel intermedio

As probas realizaranse entre os días 7 e 16 de outubro de forma presencial nas aulas CeMIT de 48 concellos de toda Galicia

23/08/2026 | 12:28 | C. de Facenda e Administración Pública

A intelixencia artificial, o internet das cousas, o big data e os xemelgos dixitais configuran un novo modelo para a xestión do territorio en Galicia

O Programa de Xestión Territorial Intelixente da Xunta permitiu, en 2025, poñer en marcha 15 proxectos con funcionalidades xeográficas, 4 proxectos piloto de xemelgos dixitais e ampliar o número de servizos de información xeográfica

19/08/2026 | 14:31 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta financia un proxecto para dixitalizar todo o ciclo produtivo do viño e mellorar a eficiencia a través dun xemelgo dixital dunha adega

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP financia o 60% da iniciativa Vitecgal, liderada pola Cooperativa Vitivinícola Arousana (Adega Paco&Lola), mediante o programa Nexos

29/07/2026 | 12:48 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta e o Consello da Cultura impulsan o coñecemento do patrimonio paisaxístico e cultural a través dun novo proxecto dixital educativo

Vai dirixido a alumnos e docentes dos centros educativos de Galicia, reforzando a presenza da lingua e cultura galegas no ensino

26/07/2026 | 10:33 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta de Galicia forma a 139 profesionais en ciberseguridade a través de oito cursos de alta especialización do programa RETECH

Impulsados pola Amtega e a Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego sumaron preto de 190 horas lectivas entre abril e xuño

24/07/2026 | 12:32 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta impulsa un concurso de ideas para aplicar solucións innovadoras baseadas en xemelgos dixitais ao medio rural e ao turismo

As propostas, que se poden presentar ata o 7 de setembro, teñen que estar orientadas á xestión intelixente e sostible do territorio e dos fluxos turísticos

23/07/2026 | 12:49 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática reforzan a formación do alumnado en uso seguro de internet co programa ‘Navega con rumbo’

O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, e o presidente da entidade, Fernando Suárez, asinan o convenio para desenvolver unha nova edición desta iniciativa nos centros educativos