Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.745 novas da área temática Emprego:

12/05/2026 | 14:35 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; A Presidencia da Xunta
12/05/2026 | 13:20 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta presenta na Arnoia unha nova unidade didáctica do Proxecto Artesanía na Escola centrada nos Sanandresiños

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, achegouse esta mañá ata o CEIP San Salvador da Arnoia para presentar o terceiro dos libros que forman parte deste proxecto

12/05/2026 | 11:49 | C. de Sanidade

O Servizo Galego de Saúde publica a adxudicación de destino definitivo de 65 médicos de familia de atención primaria seleccionados por concurso-oposición

Noméanse dez profesionais para a área sanitaria da Coruña e Cee; dous para a de Ferrol; dez para a de Santiago de Compostela e Barbanza; dez para a área de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos; 15 para a de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras; cinco para a de Pontevedra e O Salnés; e 13 para a área de Vigo

12/05/2026 | 09:15 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta abre o prazo de solicitude da nova edición do Retorna Cualifica Emprego coa que se prevé a volta con traballo de 200 galegos do exterior

Este programa enmarcado na Estratexia Galicia Retorna xa permitiu que 400 galegos e galegas cunha media de 35 anos volvesen desde 21 países acompañados por familiares —en total, outras 160 persoas—, para traballar en 60 concellos distintos

11/05/2026 | 17:05 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Belén do Campo destaca o investimento de máis de 1,2 M€ na comarca de Bergantiños-Costa da Morte para impulsar 19 cursos AFD dirixidos a mellorar a empregabilidade dos desempregados

A nova convocatoria 2026-2027 destas formacións conta con 60 millóns de euros, ten o prazo aberto ata o 30 de novembro, e aposta por unha formación máis flexible, dual e conectada co mercado laboral

11/05/2026 | 15:08 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta amosa na Pobra de Trives o oficio da construción de instrumentos de percusión tradicional co seu proxecto Artesanía na Escola

O artesán Xosé Manuel Sanín, protagonista da segunda das unidades didácticas de Artesanía na Escola, achegouse ata o CEIP Plurilingüe Manuel Bermúdez Couso de Trives

11/05/2026 | 14:01 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta dá luz verde ambiental ao proxecto para ampliar unha planta de elaboración de produtos alimentarios conxelados na Pobra do Caramiñal

A resolución da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé que a instalación teña impactos significativos sobre a contorna sempre que se cumpran os condicionantes fixados no propio informe ambiental e na documentación avaliada

10/05/2026 | 11:05 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta constituirá a vindeira semana a Mesa do Diálogo Social para abordar as primeiras medidas en relación ao absentismo e ao benestar laboral

José González apela a ir implantando melloras para reducir o impacto do absentismo como a nova Estratexia de Benestar Laboral, no marco do Diálogo Social que se vén de institucionalizar e do proceso de deseño do plan integral anunciado polo presidente

10/05/2026 | 10:08 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. do Mar; A Presidencia da Xunta

Rueda aborda con Conxemar os retos da industria transformadora dos produtos do mar e o impulso á súa feira anual

O presidente da Xunta mantivo un encontro co máximo responsable da asociación, Eloy García, no que se avaliaron as colaboracións que se desenvolven en eidos como a internacionalización do sector ou a promoción do consumo de produtos do mar