Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.375 novas da área temática Forestal:

14/05/2026 | 14:54 | C. do Medio Rural

Belén do Campo supervisa en Muros e Carnota os traballos preventivos fronte aos incendios forestais de cortalumes que se están a realizar nunhas 35 hectáreas

A delegada da Xunta destacou que este ano a Xunta incrementou nun 50 % o orzamento destinado á prevención de incendios forestais con respecto ao exercicio anterior, acadando os 75,38 millóns de euros

14/05/2026 | 13:15 | C. do Medio Rural

Medio Rural e a Deputación de Ourense reforzan a súa colaboración fronte ao lume coa entrega de 12 novos tractores a entidades locais da provincia

A conselleira e o presidente da Deputación presidiron o acto, no que se puxo en valor a cooperación institucional entre ambas as dúas administracións nas tarefas de prevención de incendios forestais

13/05/2026 | 17:43 | C. do Medio Rural

Medio Rural desenvolve unha estratexia de xestión integral contra as bandas do piñeiro no sector forestal galego

A directora xeral de Planificación e Ordenación Forestal, Luisa Piñeiro, explicou hoxe as liñas fundamentais deste modelo nunha visita a zonas afectadas por esta doenza en Guitiriz

13/05/2026 | 15:57 | C. do Medio Rural

Medio Rural reforza a loita contra os incendios forestais con máis medios, tecnoloxía e prevención

Así o destacou hoxe o director xeral de Defensa do Monte nunha comparecencia a petición propia na Comisión 7ª do Parlamento para presentar a actualización do Pladiga 2026

12/05/2026 | 15:20 | C. do Medio Rural

Medio Rural inviste preto de 2,5 M€ no tratamento de enfermidades fúnxicas do piñeiro e repoboacións no concello de Cedeira

A conselleira María José Gómez visitou hoxe este municipio, onde se están a levar a cabo traballos para tratar a banda marrón por un importe que supera os 970.000 euros, no monte Capelada e Couce e no da Braxe

11/05/2026 | 17:29 | C. do Medio Rural

Medio Rural avalía vías de colaboración cos concellos da Baixa Limia en materia de prevención de incendios

O director xeral de Defensa do Monte reuniuse hoxe cos alcaldes de Entrimo, Bande, Lobios, Lobeira e Muíños

10/05/2026 | 10:23 | C. do Medio Rural

Medio Rural desenvolverá un novo pasteiro de 30 hectáreas en Viveiro cun investimento de case 100.000 €

A conselleira María José Gómez visitou hoxe os terreos do monte veciñal de Buio nos que se situará esta nova infraestrutura, coa que os veciños terán base territorial suficiente para aumentar o número de cabezas de gando equino