Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.834 novas da área temática Infraestruturas:

20/02/2026 | 15:08 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. de Sanidade

A Xunta destaca o impulso decisivo ás obras do novo centro de saúde de Vilagarcía, cun investimento de 19 M€ e previsión de poñelo en servizo en 2027

Allegue subliña a conxugación da calidade arquitectónica coa funcionalidade do edificio con forma de dobre U, que se integrará na contorna urbana, xerando dúas prazas, ao tempo que mellora a atención á cidadanía e o espazo para os profesionais que nel traballan

19/02/2026 | 18:35 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Xunta e Unión de Consumidores de Galicia coinciden na reivindicación ao Goberno central da transferencia, rescate e a gratuidade da AP-9

Allegue lamentou o que considera un “ninguneo” por parte do Goberno central e reiterou que a Xunta apoiará todas as accións conxuntas que se impulsen desde os colectivos de consumidores, o sector do transporte, o tecido empresarial e o conxunto da sociedade civil galega para esixir unha solución definitiva

19/02/2026 | 13:29 | C. de Sanidade

A Xunta colaborará co Concello da Lama na renovación da cuberta do centro de saúde mediante un investimento conxunto de 300.000 euros

Para proceder a esta reforma, o conselleiro sinala que, de xeito inmediato, se tramitará o convenio de colaboración para o financiamento ao 50 % das obras necesarias na cuberta

19/02/2026 | 13:28 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Comezan con normalidade as clases no Colexio Plurilingüe de Tenorio tras o incendio

Xunta, Concello, dirección do centro, técnicos e empresas de obras e limpeza reúnense para coordinar as próximas actuacións

19/02/2026 | 13:00 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia o trámite de información pública do proxecto da senda peonil e ciclista de máis de 2 km entre Viro e Outes, que suporá un investimento de 1,4 M€

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe o comezo deste procedemento e desde mañá ata o 7 de abril poderán presentarse suxestións

15/02/2026 | 12:09 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica hoxe a convocatoria para marzo e maio dos actos expropiatorios para o acondicionamento da AC-406 en Val do Dubra e A Baña

Este proxecto de reforzo da seguridade viaria suporá un investimento autonómico de máis de 4,3M€

14/02/2026 | 11:58 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta convoca en febreiro e abril os actos expropiatorios para executar o desdobramento do treito Nadela-A Pobra de San Xiao, que concluirá a autovía que unirá Lugo e Sarria

A intervención suporá un investimento de 37,4M€ e permitirá actuar no treito de 13,5 quilómetros do corredor Nadela-Sarria, que se inicia na glorieta de Nadela e finaliza no enlace da Pobra de San Xiao, xa en servizo desde novembro do 2022

14/02/2026 | 10:12 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 11 ofertas para a execución das obras de prolongación da autovía da Costa da Morte entre Santa Irena, en Vimianzo, e a Estrada AC-432

Executarase un novo tramo de 5,8 km de lonxitude, ata a intersección coa vía AC-432, que comunica Vimianzo e Camariñas, cun investimento por máis de 36M€

13/02/2026 | 14:56 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A conselleira Allegue supervisa as tarefas que a Xunta está a executar tras o deslizamento de terras en Xalde, na autovía do Morrazo

Xa se levaron a cabo labores de limpeza e os técnicos puideron confirmar que o firme da autovía non sufriu danos

13/02/2026 | 14:10 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta habilitará unha nova senda de case 3km na estrada PO-313 ao seu paso por Broullón, en Moaña, que suporá un investimento de 3M€

O novo itinerario peonil desenvolverase nun treito de preto de tres quilómetros, entre o núcleo de Broullón ata a intersección coa estrada provincial EP-1104