Actualidade
Buscador de novas
A Xunta e o Concello de Cartelle avalían vías de colaboración para ampliar a rede de saneamento municipal e que chegue ao lugar de Doniz
O persoal de Augas de Galicia estudará o proxecto técnico que vai presentar o Goberno local co fin de avanzar no compromiso de financiamento das intervencións necesarias
A Xunta destaca os máis de 118 M€ investidos nos últimos 10 anos en Sogama para mellorar a xestión dos residuos domésticos e os 100 M€ previstos ata 2030
Javier Domínguez pon en valor importantes actuacións como os máis de 30 M€ destinados á ampliación ao Complexo Medioambiental de Cerceda ou os 45 M€ da posta en marcha da rede de infraestruturas para a compostaxe da materia orgánica
A Xunta destaca que Galicia reduciu un 68,5% as emisións netas contaminantes e consolida a súa posición de liderado a nivel nacional
Os últimos datos oficiais de 2024 confirman que o ritmo ao que baixan os gases de efecto invernadoiro na Comunidade é moi superior á media estatal e segue sendo a rexión que máis carbono absorbe, un total de 9,6 millóns de toneladas de CO2
Belén do Campo pon en valor os traballos realizados para a eliminación de especies exóticas invasoras na lagoa de Louro financiados pola Xunta
A delegada da Xunta explicou que é unha actuacións que está a desenvolver a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático para a restauración e posta en valor de humidais de interese nas catro provincias galegas
A Xunta anima a Aenor a participar no futuro mercado de créditos de carbono para avanzar no cumprimento dos obxectivos de desenvolvemento sostible
Na reunión avaliaron posibles vías de colaboración noutros aspectos vinculados ás liñas estratéxicas da Consellería como a prevención e xestión do desperdicio alimentario
A Xunta investiu 771.000 euros na reforma do centro de interpretación do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés para reducir o consumo enerxético máis dun 30%
Ángeles Vázquez salienta que as obras permitiron contar cun inmoble con menor impacto ambiental xa que utiliza fontes de enerxía renovables, consume menos recursos e xera menos emisións
A Xunta dá luz verde ambiental á instalación dun centro xestor de vehículos no concello de Begonte
A resolución da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé que o proxecto teña impactos significativos sobre a contorna sempre que se cumpran os condicionantes fixados no propio informe ambiental e na documentación avaliada
A Xunta avanza na coordinación da observación da eclipse co sector turistico local do destino Starlight de Lalín
Esta foi a primeira das xornadas de divulgación organizadas por Turismo de Galicia que se celebrarán nestes lugares Starlight para a observación astronómica
Arias reúnese co presidente da Protectora de Animais de Lugo para reafirmar o compromiso da Xunta no proxecto de reforma das súas instalacións
Lembra que a Administración autonómica ten consignada a súa achega e está en disposición de asinar o convenio a tres bandas para a cofinanciación das obras de xeito inmediato
A Xunta e o Concello de Vilarmaior avalían vías de colaboración para a mellora do servizo de abastecemento nas parroquias de Doroña e Grandal
Ángeles Vázquez indicoulle ao rexedor que o persoal de Augas de Galicia estudará o proxecto de cara a determinar a viabilidade da iniciativa e establecer posibles vías de colaboración técnica e financeira