Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 718 novas da área temática Transporte:

03/07/2025 | 14:04 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta aborda cos concellos da Área de Transporte Metropolitano de Ferrol as súas propostas para adaptar servizos

A directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, e a delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, participaron na reunión da comisión de seguimento da ATM, no marco do compromiso da Xunta de reunir este organismo cada seis meses

03/07/2025 | 11:39 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta concede máis de 3 M€ en axudas para a transformación e modernización das frotas de transportes de viaxeiros e de mercadorías por estrada

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as resolucións das subvencións outorgadas nos cinco primeiros meses do ano, que suman 63 novos beneficiarios

02/07/2025 | 15:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta e o concello de Nigrán activan unha liña municipal para conectar durante o verán o parque empresarial de Porto do Molle e as praias da zona

A delegada territorial, Ana Ortiz, anuncia o acordo para conectar Porto do Molle cos areais de Panxón e Praia América

01/07/2025 | 15:38 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta avalía cos concellos da área de transporte metropolitano da Coruña a implementación do plan de transporte metropolitano

A directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, e a delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, participaron na reunión na que se abordaron as propostas de cambio do servizo presentadas polos concellos

30/06/2025 | 15:32 | A Presidencia da Xunta; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta incrementa nun 12% o orzamento para garantir o servizo de transporte escolar gratuíto ata superar os 95 M€

Rueda resalta que haberá case 1.250 vehículos para atender preto de 1.500 rutas escolares que utilizan “máis de 42.000 alumnos” 

29/06/2025 | 15:13 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por máis de 2,3 M€ as obras da reforma do firme en catro estradas da comarca de Sarria e Chantada

Acondicionarase o firme en varios treitos das estradas LU-533, LU-536, LU-636 e LU-622, que discorren polos concellos do Saviñao, Sarria e Láncara.

29/06/2025 | 14:08 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 9 ofertas para as obras de renovación do firme en 5 estradas autonómicas ao seu paso por 12 concellos da provincia da Coruña

O investimento acada os 3,3Me e acondicionarase o firme en varios treitos das estradas AC-840, AC-214, AC-400, AC-223 e AC-231, nos concellos de Bergondo, Cambre, Carral, Abegondo, Mesía, Sobrado, Cerceda, Betanzos, Oza-Cesuras, Vilasantar, Curtis e Oleiros

28/06/2025 | 14:02 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por 455.905€ a mellora da rúa Curros Enríquez, no lugar de Feira do Monte, en Cospeito

O obxectivo é ampliación da plataforma e o reforzo do firme, así como beirarrúas e nova iluminación, desta rúa da parroquia de San Xoán de Sistallo, localizada na contorna de protección de Cruceiro do Monte e da Ermida do Monte e, que entronca coa estrada autonómica LU-111

28/06/2025 | 11:43 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 10 ofertas para as obras do segundo tramo da autovía AG-59, entre Pontevea, en Teo, e O Rollo, na Estrada

O Goberno galego prevé iniciar as obras deste segundo treito no outono, e que estean rematadas en 2028, completando así a autovía ata o concello da Estrada

27/06/2025 | 15:21 | Axencia de Turismo de Galicia; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta pon en valor a aposta que está a facer por un turismo e unha mobilidade sostibles

Xosé Merelles salientou a implicación de Turismo de Galicia no desenvolvemento de dúas das rúas ciclistas da rede transfronteiriza Eurovelo que rematan en Galicia