Actualidade
Buscador de novas
A Xunta activa a alerta laranxa por chuvia nas provincias da Coruña e de Pontevedra
Incídese na importancia de seguir as medidas de protección e de extremar as precaucións, e aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.axega112.gal)
A Xunta apoia as melloras no local social da asociación de veciños, cultural e recreativa O Fragoso de Vide de Castrelo de Miño
A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, comprobou xunto co delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, o material adquirido ao abeiro das axudas do Plan específico de acción comunitaria co obxectivo de impulsar as actividades levadas a cabo pola entidade
Fabiola García agradece a colaboración de farmacias, comercios e administradores de fincas para tecer unha rede social coa que combater a soidade non desexada
O obxectivo é informar á poboación da existencia e utilidade do teléfono da soidade non desexada en Galicia, o 900 830 831, chegando ao maior número de persoas posibles e maximizando o seu impacto social
A Xunta pon a disposición da cidadanía desde mañá ás 9,00 horas os bonos dunha nova edición da campaña Activa Comercio dotada cun orzamento de 2,5 M€
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a 2ª andaina do programa en 2025, que promoverá descontos de ata 30 € coa previsión de mobilizar máis de 8,5 M€ en vendas
A Xunta defende un modelo de xestión compartida dos Fondos Europeos para dar resposta aos novos desafíos da Unión Europea
O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, acompañado pola conselleira do Mar, Marta Villaverde, clausurou a 2ª edición do concurso Europa-Xunta que pon en valor as actuacións das Administracións galegas co apoio da UE
A Xunta e a CCDR-NORTE conmemoran hoxe o Día da Eurorrexión Galicia–Norte de Portugal cunha declaración institucional conxunta
A institución desta data é unha forma de recoñecer o legado histórico do primeiro protocolo de cooperación entre Galicia e o Norte de Portugal en 1991, con resultados concretos que benefician a 6,2 millóns de habitantes desta Eurorrexión
A Xunta defende na Comisión Luso-Española para a Cooperación Transfronteiriza unha maior implicación das rexións no próximo cumio ibérico
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE presenta as prioridades galegas en mobilidade, cooperación en materia laboral e desenvolvemento territorial
A Xunta mantén a súa aposta por Culturgal nunha edición que bate récords con 225 actividades programadas
A Administración autonómica repite principal entidade financiadora do evento, que terá lugar do 28 ao 30 de novembro no Pazo da Cultura de Pontevedra