Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 322 novas da área temática Facenda:

01/01/2026 | 09:26 | C. de Facenda e Administración Pública
16/12/2025 | 15:39 | C. de Facenda e Administración Pública; A Presidencia da Xunta
15/12/2025 | 16:59 | C. de Facenda e Administración Pública

Galicia é a comunidade autónoma que máis reduce a súa débeda no 3º trimestre do ano, en 835 millóns de euros

A débeda pública da Comunidade galega representa só un 3,56% do total da débeda autonómica

11/12/2025 | 11:38 | C. de Facenda e Administración Pública

Miguel Corgos pon a Galicia como exemplo dun modelo económico baseado na solvencia e na estabilidade

O incremento insostible do gasto público e da débeda, a baixa produtividade, un mercado laboral desequilibrado e a excesiva dependencia do turismo son problemas aos que se enfronta a economía española 

10/12/2025 | 14:42 | A Presidencia da Xunta; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Rueda defende en Bruxelas unha maior cogobernanza das rexións na xestión de fondos europeos e máis recursos para o sector primario

Reivindica a denominada Declaración Galicia, aprobada a finais de outubro en Santiago de Compostela e que reflicte a posición da delegación española ante a proposta do futuro Marco Financeiro Plurianual 2028-2034

04/12/2025 | 18:11 | C. de Facenda e Administración Pública

O director da Amtega participa nun encontro que aborda as últimas tendencias europeas en soberanía tecnolóxica e intelixencia artificial

Analizouse o potencial de dispoñer dun Modelo de Linguaxe local e soberano, sen dependencia da nube nin das plataformas corporativas locais

03/12/2025 | 15:04 | C. de Facenda e Administración Pública

Miguel Corgos destaca que a solvencia financeira de Galicia avala á comunidade como polo de atracción de talento e de investimento empresarial

A Xunta pon en valor a estabilidade política e económica galega para achegar seguridade á cidadanía

03/12/2025 | 12:02 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta reclama ao Goberno Central que recoñeza o dereito do rural galego á telefonía móbil e o declare servizo universal

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica respondeu hoxe á consulta pública do Ministerio de Transformación Dixital e Función Pública e achegou as necesidades específicas do territorio galego

02/12/2025 | 11:16 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta felicita os obradoiros gañadores e finalistas dos Premios de Artesanía de Galicia e os recoñecidos coas bolsas formativas Eloy Gesto

Recibiu o Premio Artesanía de Galicia unha peza colaborativa (xogo de té en funda de coiro Nemein) do obradoiro de cerámica Alberto Lista (Buño, Malpica de Bergantiños) e do taller de marroquinería Coiro Tres Pés (Campañó, Pontevedra)