Actualidade
Buscador de novas
Martina Aneiros destaca en Neda o apoio integral que a Oficina Móbil de Retorno da Xunta ofrece aos galegos chegados do exterior
A delegada territorial de Ferrol visitou esta mañá este servizo itinerante localizado diante da igrexa de Santa María de Neda
A Xunta reúne 225 profesionais de toda a península na 12ª feira ‘Galicia Escena PRO para impulsar a contratación de espectáculos galegos
O público xeral poderá acceder de balde á representación das 21 montaxes de teatro, danza e circo contemporáneo que constitúen o núcleo central da programación
A Xunta reclama abordar na Conferencia de Presidentes a financiación autonómica, o déficit das infraestruturas críticas, a seguridade no modelo enerxético e, entre outros, o control das fronteiras
O conselleiro de Presidencia, Diego Calvo, remitiu ao ministro de Política Territorial unha carta solicitando a inclusión na orde do día dos puntos que desexa abordar Galicia
A Asociación Morreu o Demo viaxa a Corea co apoio da Xunta para recoller un premio internacional polo seu labor de recuperación do títere tradicional galego
Entregaráselle o Certificado de Recoñecemento pola Conservación do Patrimonio Titiriteiro co que o organismo asociado á Unesco recoñece o traballo neste ámbito de entidades de todo o mundo
A Xunta e a Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía avalían vías de colaboración para reforzar a presenza do empresariado galego en Europa
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, mantivo un encontro de traballo co presidente do ente empresarial, José García Costas
Villares expón a varias delegacións internacionais de acuicultura o esforzo inversor da Xunta pola formación neste eido
No centros de Formación Profesional, dependentes da Consellería, hai máis de 500 persoas matriculadas, o maior número de inscritos desde o curso 2018-2019
A Xunta lanza un programa de cooperación con Portugal de 1,3 M€ para promover a inserción laboral da mocidade nos mercados de Galicia e o norte luso
Lara Meneses erixe esta acción como un “piar fundamental” para mellorar as oportunidades de emprego da xente nova e rexuvenecer o tecido produtivo
A Xunta abrirá o vindeiro luns o prazo de solicitudes para participar no intercambio xuvenil no Xapón
A iniciativa enmárcase no programa ‘A xuventude no mundo’ organizado ao abeiro das relacións bilaterais que mantén o Goberno galego con entidades doutros países
Lorenzana apela á coordinación co Goberno central e a UE para defender as empresas galegas á espera de coñecer o escenario arancelario definitivo
Lembra que a Xunta vén mantendo reunións mensuais co Ministerio de Economía, Comercio e Industria, no Pleno Interterritorial de Internacionalización, e tamén co ICEX e a Dirección Xeral de Comercio Internacional e Investimentos
A Xunta comparte en Milán a súa estratexia para unha xestión intelixente dos fluxos turísticos
O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles estivo presente na primeira xornada do encontro da Rede de Rexións Europeas para un turismo sostible e competitivo Necstour