Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 631 novas da área temática Patrimonio:

12/08/2026 | 14:52 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta financia a nova campaña de escavacións que se desenvolve ata o 18 de agosto na cova Eirós, en Triacastela

O delegado territorial de Lugo, Alfonso Villares, coñeceu os traballos neste xacemento,  que alberga as únicas mostras de arte paleolítica descubertas en Galicia

10/08/2026 | 22:11 | Axencia de Turismo de Galicia

A Torre de Hércules estrea iluminación eficiente e sendas máis accesibles co apoio da Xunta de Galicia

Os novos equipos LED de última xeración realzan a arquitectura do monumento e ofrecen opcións decorativas e dinámicas para acompañar efemérides e celebracións

09/08/2026 | 22:56 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; A Presidencia da Xunta
06/08/2026 | 21:20 | C. do Mar

Belén do Campo asiste á celebración en lembranza polo V centenario da morte de García Jofre de Loaísa e Juan Sebastián Elcano que participaron na histórica expedición que partiu da Coruña con destino ás Illas Molucas

A celebración relixiosa, organizada pola Asociación Histórico-Cultural Bahía Ártabra, rendeu homenaxe aos mariños da armada que zarparon do porto coruñés en 1525 con destino ás Illas das Especias

06/08/2026 | 14:43 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta mobiliza máis de 660.000 € en investimentos para reforzar a conservación e o uso público sostible do Parque Natural do Monte Aloia

Entre as accións executadas ou programadas no período 2025-2026, Marisol Díaz destaca a eliminación de especies exóticas invasoras, a restauración de hábitats, o acondicionamento de pistas e rutas e a mellora das instalacións recreativas

04/08/2026 | 15:13 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Martina Aneiros pon en valor os traballos de conservación que a Xunta financia no xacemento arqueolóxico do Castro do Sarridal, en Cedeira

A delegada territorial de Ferrol, visitou a actuación, que conta cun financiamento de máis de 17.500 euros

30/07/2026 | 16:03 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

O campo de voluntariado da Xunta en Navia de Suarna reúne a 12 xóvenes de seis comunidades para asistir en labores arqueolóxicas

O delegado territorial de Lugo, Alfonso Villares, visitou aos participantes no castro do Teso da Ermida xunto co cineasta Oliver Laxe, que colabora coa iniciativa desde a asociación Ser

29/07/2026 | 13:49 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Martina Aneiros visita os traballos da cuarta campaña arqueolóxica no castro de Esmelle

A delegada territorial da Xunta en Ferrol participou esta mañá nunha visita guiada ao xacemento