Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 12.728 novas da área temática Áreas temáticas:

12/05/2024 | 10:02 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A campaña internacional ‘Quere o teu mercado’ desenvolverase en Galicia o 25 de maio coa participación de máis de 900 praceiros galegos

A iniciativa da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración terá lugar o Día do Mercado en 41 prazas galegas que toman parte desta actuación

12/05/2024 | 09:16 | C. de Economía e Industria

A Xunta impulsa axudas por 1,27 M€ para que o sector agrícola primario optimice o seu consumo enerxético e aposte polas renovables

Os apoios, que poden solicitarse ata o vindeiro 30 de maio, permitirán a mobilización de 4,3 millóns de euros

11/05/2024 | 17:10 | C. do Medio Rural

A Xunta e a Asociación Aspnais de Lugo abordan posibles vías de colaboración para a promoción dos produtos de proximidade do agro galego

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, visitou esta semana na cidade das murallas as instalacións desta entidade social dedicada á favorecer a integración de persoas con discapacidade intelectual

11/05/2024 | 17:07 | C. de Sanidade

A Consellería de Sanidade nomea a Mª Fernanda López Crecente nova xerente da área sanitaria de Ferrol

Conta cunha ampla experiencia como directora de Procesos de Soporte nas áreas sanitarias de Santiago de Compostela e Barbanza e de Ferrol, así como en coordinación asistencial da Fundación Pública 061 Urxencias Sanitarias de Galicia

11/05/2024 | 17:02 | C. de Sanidade

A Consellería de Sanidade nomea a José Santiago Camba Bouzas xerente da área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

Licenciado en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela, está especializado en Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía

11/05/2024 | 15:03 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García destaca o compromiso da Asociación de Viúvas de Galicia co benestar das mulleres

Destacou a importancia deste encontro para conmemorar e dar visibilidade ás necesidades deste colectivo 

11/05/2024 | 13:36 | C. de Economía e Industria

Lorenzana salienta en Vigo o compromiso da Xunta coa mobilidade sustentable

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, visitou no municipio pontevedrés as instalacións de Moto Motion, que contou co apoio da Administración autonómica para a compra de dez motos eléctricas no marco do Moves III

11/05/2024 | 13:13 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destinará 1,2 millóns de euros á creación da futura residencia de maiores de Piñor

O Goberno galego financiará o 70% das obras, no marco dun Plan de 18,5 millóns de euros para obras de mellora de centros de atención diúrna e residencial de titularidade municipal