Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.828 novas da área temática Economía:

20/09/2025 | 15:10 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta impulsa en Compostela a comercialización de Artesanía de Galicia e de Artesanía Alimentaria a través do mercado ‘Artesanamente’

A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, achegouse ata a sede de Afundación, onde se celebra ata mañá este evento no que participan 25 obradoiros de Artesanía de Galicia e 23 empresas amparadas polo selo Artesanía Alimentaria

19/09/2025 | 21:16 | A Presidencia da Xunta

Rueda salienta en Fisterra o papel de Galicia como faro atlántico e exemplo de cooperación europea

Reivindica o valor da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal como experiencia de cooperación de éxito dentro da UE

19/09/2025 | 17:17 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta anima ás pemes a optar a convocatoria Nexos, con 28 M€ para proxectos de I+D+i colaborativos

A directora da Axencia Galega de Innovación visita a empresa innovadora Kemegal Químicos para recordar que esta liña de axudas estará aberta ata o luns

19/09/2025 | 12:45 | C. de Economía e Industria

A Xunta presenta por primeira vez fóra de España a Oficina Económica de Galicia e elixe Asia polo seu valor estratéxico para as empresas galegas

Lorenzana expón as vantaxes que ofrece Galicia a nivel de axilidade administrativa, acceso a solo industrial e política de abaratamento da enerxía “para que os investidores xaponeses atopen un mercado confiable e un Goberno estable que apoia as empresas”, di

18/09/2025 | 17:08 | C. de Economía e Industria

A Xunta avoga por seguir fortalecendo as relacións comerciais con Xapón, que cada vez máis se consolida como un mercado fixo para as empresas galegas

Na recepción participaron tamén empresas galegas establecidas no país, como Adolfo Domínguez, Coren ou Trison, e compañías xaponesas con sede en Galicia

18/09/2025 | 13:54 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca que o Retorna Cualifica Emprego xa promoveu a contratación dunhas 320 persoas de máis de 20 países en sectores como o agrogandeiro

A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego apuntou nun encontro con gandeiros en Arzúa que esta iniciativa, enmarcada na Estratexia Galicia Retorna, busca fomentar o regreso de galegos e galegas e, ao tempo, cubrir vacantes

18/09/2025 | 13:27 | C. de Economía e Industria

Lorenzana reclama desde Xapón ao Goberno a convocatoria das poxas de eólica mariña e o reforzo da rede eléctrica para que a enerxía producida poida chegar a fogares e industrias

Orix Corporation é un grupo empresarial que opera en España a través da súa filial Elawan Energy, con sede en Madrid e presente en 15 países de Europa e América, especializada en todo o ciclo de vida das renovables