Actualidade
Buscador de novas
A Xunta adxudica o servizo de transporte sanitario urxente na área de Vigo
O novo contrato foi adxudicado á UTE Emergencias Sanitarias-Saluser 2024 e entrará en vigor o 1 de xuño
Rueda anuncia un manifesto conxunto entre Galicia e o Norte de Portugal para defender a conexión ferroviaria de alta velocidade
Celebra que Galicia e o Goberno luso estean totalmente aliñados na prioridade destas infraestruturas
A Xunta reforzará desde o 22 de xuño os servizos de autobús do corredor A Coruña-Oleiros-Sada con máis de 130 servizos adicionais á semana
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, trasladoulle hoxe ao alcalde de Oleiros que, con esta medida, a Xunta reforza e prolonga as frecuencias nas localidades de Lorbé e Dexo, que gañan 10 servizos ao día de luns a venres cara á Coruña e 15 con destino Lorbé, xunto con 4 en cada sentido os domingos e festivos
A Xunta inicia as obras de mellora de 64 paradas de autobús en estradas autonómicas das comarcas de Santiago, Fisterra, Terra de Soneira e Xallas
Os traballos, que se desenvolverán en paradas das rutas de acceso polo noroeste á cidade de Santiago, iniciarónse esta semana en Bustelo (Dumbría) na AC-552 e nos vindeiros días continuarán de xeito paralelo na parada situada na estrada AC-300 en Perros (Brión)
Rueda anuncia que a Xunta apoia con 18 M€ ao sector da automoción galega para facilitar a súa transición a unha mobilidade sustentable
Resalta que o obxectivo é apoiar “ás empresas auxiliares a ser máis competitivas” ante o “gran desafío” que supón a expansión do vehículo eléctrico
Belén do Campo anima a solicitar as axudas para mercar bicicletas eléctricas e de pedaleo asistido que xa contan con máis de 500 beneficiarios na comarca da Coruña
O apoio supón un desconto do 50 % e un máximo de 500 € na adquisición dunha bicicleta eléctrica, que se eleva ata o 60 % e os 600 € no caso de familias numerosas e ao 70 % e de 700 € nas familias numerosas de categoría especial
A Xunta amplía desde este luns a oferta de servizos de autobús entre Vigo e o aeroporto de Santiago polo peche temporal da terminal de Peinador
O Goberno galego activou esta solución de urxencia ante a falta de alternativas para os viaxeiros por parte do Executivo central que promove a obra na pista viguesa
A Xunta destaca o Plan de Transporte Público de Galicia como garante de sostibilidade, accesibilidade e cobertura territorial do servizo
A directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, interveu hoxe na Comisión 2ª do Parlamento para abordar os avances producidos no marco deste instrumento de planificación e seguimento
Rueda aplaude que os trens Avril cheguen a Galicia e pide ao Goberno central que se aumenten as prazas dispoñibles e que se reduza o prezo dos billetes
Recorda que as liñas que unen Galicia con Madrid son as que máis medran de España
A Xunta reitera a urxencia dunha folla de ruta concreta por parte do Goberno central para desenvolver a alta velocidade entre Vigo Porto
Ante o anuncio do Goberno portugués sobre a chegada do AVE de Madrid a Lisboa en 2034, o Executivo galego agarda que na presentación de mañá do Plan Director do Corredor Atlántico, o Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible anuncie prazos e orzamento para a conexión con Portugal en territorio español, incluíndo a saída sur de Vigo