Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 480 novas da área temática Dixital:

20/06/2023 | 18:54 | C. de Economía e Industria

A Xunta lembra que continúa aberto o prazo de presentación de solicitudes para impulsar proxectos de dixitalización que faciliten a transformación industrial das pemes galegas

O director do Igape, Fernando Guldrís, participou hoxe nunha xornada informativa do Foro Empresa Pontevedra onde informou de que a convocatoria actual do programa de Dixitalización Industria 4.0 conta con 5M€ para apoiar a posta en marcha de sistemas de fabricación distribuída, de facturación ou de procesos entre un líder industrial cara ás empresas que conforman a súa cadea de valor

09/06/2023 | 10:15 | C. de Facenda e Administración Pública

Últimas prazas dispoñibles para a xornada sobre os retos da Ciberseguridade en Galicia, que organiza o Nodo CIBER.gal o vindeiro 13 de xuño en Ourense

Os interesados en participar poden inscribirse de balde, en modalidade online ou presencial, a través do portal cibereguridadegalicia.gal

05/06/2023 | 14:17 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia; C. de Facenda e Administración Pública

As tres primeiras ferramentas dispoñibles do Proxecto Nós posibilitarán a interacción en galego entre os usuarios e os dispositivos tecnolóxicos

Son un tradutor neuronal multilingüe, o primeiro recoñecedor de voz que entende o galego e o converte a texto e unha aplicación que a partir dun texto é quen de ler en galego

02/06/2023 | 13:54 | C. de Economía e Industria

A Xunta lanzará por 4,5 M€ unha nova convocatoria do programa de axudas Innovapeme

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, visitou en Palas de Rei as instalacións de Granja Campomayor, beneficiaria desta iniciativa e un exemplo “de como a través da innovación e o deseño se pode mellorar a competitividade e gañar mercado”

02/06/2023 | 12:50 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez salienta que os Polos creativos marcarán “un antes e un despois na educación galega do século XXI”

Sinala que a Xunta vai incorporar estes espazos tecnolóxicos a todos os centros que imparten 2º ciclo de Infantil, Primaria e ESO a partir do vindeiro curso

31/05/2023 | 10:57 | C. de Emprego, Comercio e Emigración
30/05/2023 | 17:53 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca a importancia de que os talleres de vehículos aposten pola dixitalización e a formación para dar resposta aos avances no sector da automoción

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, mantivo esta tarde en Ourense un encontro coa Asociación provincial de talleres de reparación de vehículos

30/05/2023 | 17:45 | C. de Sanidade

Comesaña destaca a posición pioneira de Galicia na innovación dixital en saúde

A aplicación Sergas Móbil conta con preto de dous millóns de usuarios

30/05/2023 | 14:14 | C. de Economía e Industria

A Xunta convida ás entidades europeas de seguridade aérea a cooperar para acelerar o desenvolvemento tecnolóxico e regulamentario das operacións con vehículos aéreos non tripulados

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, acompañou hoxe no Centro de Investigación Aeroportada de Rozas a representantes institucionais e técnicos de Eurocontrol, da Axencia Europea de Seguridade Aérea (EASA) e da Axencia Estatal de Seguridade Aérea (AESA) nunha demostración de casos de uso dos simuladores U-Space

25/05/2023 | 15:32 | C. de Economía e Industria

A alianza entre Gradiant e Telefónica Tech na que colabora a Xunta contribúe á dixitalización da industria ofrecendo solucións en ciberseguridade

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain) destacou o papel desta alianza na competitividade da industria e das pemes galegas, en liña coa Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia