Actualidade
Buscador de novas
O seguimento da folga na quenda de mañá de técnicos superiores sanitarios acada o 62,07 % na sanidade pública galega
Na quenda de mañá o seguimento da folga nas sete áreas sanitarias foi do 62,37 %
A Consellería de Sanidade informa á comunidade universitaria dos recursos existentes para a detección precoz do cancro en Galicia
A detección precoz de enfermidades ocupa unha posición central dentro das políticas sanitarias da Xunta e, por este motivo, traballa constantemente na procura de melloras e actualizacións dos seus programas
O seguimento da folga na quenda de tarde de técnicos superiores sanitarios acada o 91,67 % na sanidade pública galega
Na quenda de tarde o seguimento da folga nas sete áreas sanitarias foi do 92,78 %
Gómez Caamaño destaca a colaboración institucional e o traballo do tecido asociativo na sensibilización e prevención da enfermidade crónica renal
Incide na aposta da Xunta por un enfoque multidisciplinar que integra os ámbitos da atención sanitaria e social para dar a mellor resposta aos pacientes con enfermidade renal crónica
A Xunta solicítalle ao concello de Moaña que desbloquee o remate das obras do novo centro de saúde e execute canto antes a acometida de augas
A Consellería de Sanidade advirte de que as actuacións de responsabilidade municipal condicionan a data de finalización e posta en servizo do novo centro de saúde
A Xunta inicia o programa de asistencia oncolóxica que evitará que pacientes con cancro do distrito sanitario de Cee se teñan que desprazar á Coruña
O programa permitirá realizar seguimento a pacientes que non teñen tratamento activo, a administración de terapias de baixa complexidade, implementar controis de toxicidade e levar a cabo consultas de enfermería oncolóxica
A campaña de vacinación fronte á gripe da Xunta supera xa as 243.000 persoas inmunizadas
A campaña de vacinación, activa desde o 29 de setembro e ata o 31 de decembro, facilita a vacinación en todos os centros de saúde e consultorios
O seguimento da folga de técnicos superiores sanitarios acada o 58,27 % na sanidade pública galega
Na quenda de mañá, o seguimento da folga nas sete áreas sanitarias foi do 58,48 %
O Servizo Galego de Saúde publica a relación de aspirantes seleccionados nos procesos selectivos por concurso de méritos e concurso-oposición en diversas categorías de persoal estatutario
No concurso-oposición ofértanse un total 147 prazas en diversas categorías de persoal estatutario, que se corresponde co número de novos aspirantes seleccionados
O Servizo Galego de Saúde destaca a importancia dos estilos de vida saudables como medida de prevención das enfermidades cerebrovasculares
O xerente do Sergas, José Ramón Parada, apunta que se traballa en tres piares fundamentais para abordar os ictus: a detección precoz e a actuación coordinada, a mellora continua dos procesos asistenciais e a humanización da atención