Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.122 novas da área temática Infraestruturas:

22/09/2026 | 13:43 | C. de Política Social e Igualdade; C. de Economía e Industria; C. do Medio Rural; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Emprego, Comercio e Emigración

Rematan as obras de ampliación da escola infantil de Palas de Rei, financiadas pola Xunta con 47.500 euros

Villares comprobou o resultado da actuación, que permitirá aumentar a capacidade do centro ao pasar de 30 a 39 prazas

22/09/2026 | 13:03 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. de Sanidade

A Xunta recibe sete ofertas para as obras da fase 2.1 do Novo Chuac, que abrangue a escavación, o movemento de terras e a valorización de materiais

Esta actuación, licitada por preto de 52,2M€, constitúe unha fase esencial dentro do proceso de desenvolvemento do Novo Chuac, xa que permitirá preparar os terreos sobre os que se executará a futura ampliación

20/09/2026 | 11:18 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita a obra de mellora urbana, paisaxística e de accesibilidade do parque Alcalde Ordóñez, no Porriño, por un orzamento de máis de 425.000 euros

Trátase de transformar o espazo existente nun parque seguro, plenamente accesible, confortable climáticamente e cunha identidade paisaxística vinculada ao territorio

20/09/2026 | 10:53 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por preto de 640.000 euros ás actuacións de protección contra a contaminación acústica na LU-862 ao paso polo concello de Viveiro

Esta intervención enmárcase no Plan de Acción contra a Contaminación Acústica que leva a cabo o departamento que dirixe M. Allegue e que se cofinanciará con fondos europeos FEDER

20/09/2026 | 10:27 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica as obras de humanización de espazos públicos nos núcleos rurais de Loureiros e Xora, no concello de Coirós

A actuación, adxudicada por case 130.000 euros, enmárcase no Plan Hurbe, e permitirá a  mellora do estado do firme das vías deste dous lugares da parroquia de Santa María de Ois

19/09/2026 | 13:32 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Allegue salienta que a nova senda de Ponteceso “favorecerá os desprazamentos máis seguros e sostibles da veciñanza entre Corme Aldea e Corme Porto”, núcleo de referencia de servizos

Esta actuación na AC-424, supra cun investimento de 563.055 euros cofinanciada con fondos FEDER e permitirá conectar estes núcleos do municipio mediante unha senda de 900 metros que mellorará a seguridade dos peóns e favorecerá os desprazamentos a pé

19/09/2026 | 11:56 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por preto de 235.000 euros as obras da mellora do acceso ao mercado do Xurés, no concello de Bande

Trátase de crear un novo espazo público na rúa Camiño Campo da Feira e as parcelas adxacentes, renovando e soterrando os servizos urbanos e repoñendo os pavimentos afectados polas obras anteriores

19/09/2026 | 11:12 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 5 ofertas para executar a nova senda na estrada PO-221, entre Alende e Espedregueira, no concello de Moraña

Con este contrato, licitado por máis de 365.000€, tratase de habilitar un itinerario de algo máis de medio quilómetro de lonxitude, que favorecerá o tránsito peonil neste treito que conta cunha intensidade media diaria de 2.900 vehículos

19/09/2026 | 10:39 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica a redacción do proxecto construtivo da variante leste de Viveiro

Os traballos foron licitados por máis de 391.000€ e o prazo máximo de execución da redacción deste proxecto construtivo é de 5 meses