Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 605 novas da área temática Familias:

04/09/2024 | 13:19 | C. de Política Social e Igualdade

Preto de 30.000 nenos e as súas familias benefícianse do programa de conciliación da Xunta, ao que se destinan 7,7 M€

A través do Plan Corresponsables achéganse recursos a case 170 concellos, unha vintena de entidades sociais e 60 asociacións de nais e pais para que organicen actividades de lecer e de conciliación durante todo o ano

03/09/2024 | 14:29 | C. de Política Social e Igualdade
02/09/2024 | 17:58 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta renova a súa colaboración con Acougo para promover a corresponsabilidade entre os nenos e nenas en acollida e as súas familias

A Xunta de Galicia destina 184.000 euros do Plan Corresponsables para as actividades destinadas aos membros de familias acolledoras

02/09/2024 | 13:34 | A Presidencia da Xunta; C. de Política Social e Igualdade

A Xunta financia con máis de 280.000 euros a contratación de profesionais para os CIM da área de influencia de Pontevedra

O delegado territorial visitou o CIM de Ponte Caldelas e destacou o “importante traballo” que se leva a cabo nestes centros

02/09/2024 | 12:36 | A Presidencia da Xunta; C. de Política Social e Igualdade

A I Ruta ‘Xuntos e seguros, camiñamos’ a favor de Aspnais mantén aberto o prazo de inscrición ata o 23 de setembro

A Xunta colabora con esta iniciativa solidaria organizada pola Asociación de Amigos do Camiño de Santiago de Lugo e a Garda Civil para o día 29 deste mes

31/08/2024 | 11:16 | C. de Política Social e Igualdade

Máis de 2.200 persoas pasan o verán nas Residencias de Tempo Libre da Xunta

O programa ‘Vacacións en Familia’, a través do que o Goberno galego ofrece estadías de verán de seis días a prezos económicos, continúa desenvolvéndose durante o mes de setembro

30/08/2024 | 13:58 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta financia obras de mellora na escola infantil pública autonómica de Muíños

O Goberno galego tamén renovará as instalacións da residencia municipal de maiores, cun orzamento de 45.000 euros

30/08/2024 | 10:14 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta abre o prazo para que os concellos soliciten o financiamento para a gratuidade das escolas infantís municipais

O Goberno galego inviste 7,7 millóns de euros para garantir un ano máis a gratuidade dunhas 7.300 prazas de 0 a 3 anos nas escolas de titularidade municipal

29/08/2024 | 13:54 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta financia con máis de 60.000 euros a reforma das escolas infantís públicas autonómicas de Burela

Na escola dos Castros renovouse o sistema de calefacción, mentres na da Mariña está a mellorarse o illamento do edificio

28/08/2024 | 14:24 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta financia obras de mellora na escola infantil pública autonómica de Porto do Son

Aproveitando as vacacións de verán, están a realizarse diferentes actuacións no edificio, como a substitución do pavimento do patio por céspede artificial