Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.199 novas da área temática Comercio:

08/05/2025 | 10:26 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca o potencial de Galicia para impulsar iniciativas emprendedoras ligadas ao territorio e a prol da remuda xeracional

José González puxo de relevo a aposta de Galicia pola colaboración público-privada e apelou á coordinación de esforzos para potenciar actividades e sectores estratéxicos en cada territorio, como o comercio, e promover ideas que favorezan á comunidade

07/05/2025 | 17:50 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta salienta o compromiso coa continuidade da planta de Sargadelos en Cervo garantindo os postos de traballo e o cumprimento da lexislación vixente

José González puxo en valor que o Goberno autonómico traballa con seriedade e discreción mediando para dar solución á situación de Sargadelos e apelando á máxima responsabilidade das partes

07/05/2025 | 13:35 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta continúa achegando aos máis novos o eido da artesanía a través do proxecto ‘Artesanía na escola’

A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, participou hoxe no CEIP Plurilingüe de Silleda na segunda das unidades didácticas deste proxecto que busca achegarlle os oficios artesanais a escolares de primaria

05/05/2025 | 11:39 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta insta a Concello e Zona Franca a aclarar de maneira urxente se asinan o preacordo acadado hai seis meses para potenciar o Ifevi

José González subliñou que o obxectivo do Goberno galego é poder contar canto antes co plan funcional e o plan estratéxico para a dinamización do recinto feiral, polo que é fundamental formalizar esta sinatura para seguir avanzando

02/05/2025 | 20:30 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta colabora coa ´Shopping Night Ourense´ na súa aposta pola dinamización e revitalización do comercio de proximidade

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou esta tarde no acto que deu inicio á décima edición da Shopping Night Ourense, organizada polo Centro Comercial Aberto de Ourense e que conta co apoio do Executivo galego

30/04/2025 | 18:37 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta presenta a segunda edición da aceleradora de proxectos ‘Xerme ecommerce’ para potenciar o emprendemento no comercio electrónico

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, xunto ao delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera e a directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, estiveron presentes no acto 

29/04/2025 | 19:47 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Belén do Campo reivindica o compromiso da Xunta coa cidade da Coruña na conferencia organizada pola Asociación de amas de casa, consumidores e usuarios da Coruña

A delegada da Xunta subliñou que este primer ano estivo marcado por unha forma de xestionar cumprindo a  palabra dada, gobernando para todos, sen ruído, sen confrontación e sen mirar a curto prazo. En definitiva, con estabilidade, rigor e acción