Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 521 novas da área temática Pesca:

07/02/2023 | 18:56 | C. do Mar

A Xunta amplía en máis de 130 quilómetros a superficie destinada á extracción de mexilla no litoral de Galicia

Esta medida enmárcase dentro dun paquete de actuacións posto en marcha pola Consellería do Mar para paliar a escaseza de semente deste molusco bivalvo nas costas da comunidade

05/02/2023 | 13:42 | C. do Mar

A Xunta inviste 224.000 euros en distintas melloras no porto de Laxe para facilitar a actividade dos usuarios

Unha destas actuacións é a rehabilitación de fachadas e estrutura da nave de departamentos que se está a executar por importe de arredor de 90.000 euros

04/02/2023 | 15:01 | C. do Mar

A Xunta salienta o estaleiro tradicional Ciprián como exemplo de recuperación do patrimonio marítimo galego

A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro visitou esta instalación rehabilitada recentemente ao abeiro do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Costa Sostible para ser centro de interpretación e museístico sobre a carpintería de ribeira

01/02/2023 | 12:26 | C. do Mar

A Xunta destaca o Porto de Vigo como exemplo de responsabilidade social e de atención á xente do mar

A Comisión de Benestar deste peirao é unha iniciativa pioneira en Galicia que ten como fin principal mellorar a calidade de vida das persoas que traballan e visitan o porto de Vigo, apostando pola unión de sinerxías entre entidades públicas e privadas

31/01/2023 | 13:54 | C. do Mar

A Xunta anima ao sector marítimo-pesqueiro a presentar proxectos e solicitar axudas para a modernización de portos e lonxas

O Goberno galego destina 4,6 millóns de euros á convocatoria de 2023 destas achegas que permitirán desenvolver iniciativas para facilitar o labor dos profesionais do mar e impulsar a competitividade do sector

27/01/2023 | 12:30 | C. do Mar

O Plan Estratéxico da Conserva de Galicia 2022-2030 aposta por impulsar a internacionalización e a innovación no sector

Esta ferramenta elaborada pola Xunta e o sector busca actuar en sete eixos, que son a financiación, a produción, a comercialización, a internacionalización, a I+D+i, o emprego e a reputación social

26/01/2023 | 15:30 | C. do Mar

Galicia recorre a xuristas especializados en dereito europeo para reforzar e apuntalar a súa participación no recurso da frota contra o veto á pesca de fondo

A medida pretende dar resposta á necesidade de actuar con carácter urxente, cunha estratexia ben definida e liderada tanto por profesionais coñecedores da materia como por expertos familiarizados cos procedementos que rexen nas accións ante os tribunais europeos

O Executivo galego traballa na defensa dos intereses do conxunto do sector coa finalidade de acadar tanto a suspensión temporal da aplicación desta prohibición en 87 áreas de augas comunitarias como a súa anulación definitiva

26/01/2023 | 12:37 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Policía Autonómica comisa 162 quilos de ourixo na Coruña

Os axentes tramitaron dúas denuncias por presunta infracción da Lei de Pesca de Galicia pola extracción de ourizos de distintos talles, incluíndo non regulamentarios, no marco dun operativo desenvolvido na zona do Portiño

25/01/2023 | 16:48 | C. do Mar

Galicia insta a Bruxelas a recuperar o equilibrio entre os obxectivos medioambientais, sociais e económicos como piar na Política Pesqueira Común

A titular de Mar avogou pola cogobernanza, a consulta previa ás partes implicadas e a presentación de informes tanto biolóxicos como socioeconómicos para evitar malos precedentes como o veto á pesca de fondo

21/01/2023 | 15:05 | A Presidencia da Xunta; C. do Mar

Rueda resalta o papel das confrarías como aliadas na xestión e na aposta constante da Xunta por unha explotación sustentable dos recursos

Salienta que Galicia é un exemplo de “saber conxugar” a preservación do litoral con actividades económicas claves para a comunidade