Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.048 novas da área temática Sanidade:

16/10/2025 | 20:06 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño reivindica o compromiso da Xunta na loita contra as adiccións e salienta que a Lei de protección da saúde dos menores situará Galicia á vangarda

O titular de Sanidade destaca o labor e a traxectoria de ASFEDRO, poñendo en valor a capacidade desta asociación para adaptarse ás novas adiccións e patróns de consumo

16/10/2025 | 16:16 | C. de Sanidade

A Xunta adxudica por 453.000 de euros a subministración de equipamento de tomografía computerizada multicorte para o hospital Novo Montecelo

O equipamento adxudicado é indispensable para obter imaxes detalladas e rápidas do corpo, cruciais para diagnosticar infartos, hemorraxias ou traumatismos internos

16/10/2025 | 14:13 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García pon en valor a transformación do sector de coidados impulsada pola Xunta e centrada na sinerxia entre o ámbito sanitario e o social

A conselleira destaca que o obxectivo do Goberno galego “é pasar dun modelo reactivo a un proactivo, evolucionando do paradigma do paciente ao do cidadán”

16/10/2025 | 13:38 | C. de Sanidade

O Servizo Galego de Saúde fai seguimento a máis de 23.000 pacientes crónicos a través da plataforma tecnolóxica Telea

O xerente do Servizo Galego de Saúde sinala que Telea recibe cada día máis de 380.000 biomedidas, un volume de información está a medrar de xeito exponencial, posto que neste ano  xa se superaron os 100 millóns de variables clínicas

16/10/2025 | 13:18 | C. de Sanidade

A Xunta adxudica a subministración de dúas salas de radioloxía dixital robotizadas para os hospitais de Barbanza e Cee

Esta dotación de alta tecnoloxía permitirá optimizar os procedementos de imaxe, mellorando a precisión diagnóstica

16/10/2025 | 13:14 | C. de Sanidade; C. de Política Social e Igualdade

A Xunta presenta unha guía que reforza a perspectiva de xénero na atención primaria e ten en conta as distintas etapas das mulleres para mellorar a súa saúde

Gómez Caamaño precisa que as diferenzas de saúde entre mulleres e homes non se explican só por trazos biolóxicos, tamén por factores socioculturais ou roles

16/10/2025 | 11:57 | C. de Sanidade

A Xunta celebra o Día Mundial da Parada Cardiorrespiratoria cun adestramento masivo de reanimación cardiopulmonar na praza do Obradoiro

Un total de 15 monitores da Fundación Urxencias Sanitarias de Galicia-061 formaron a preto de 200 persoas a través de bonecos de simulación

16/10/2025 | 11:10 | C. de Sanidade

A Xunta licita por máis de 2,3 M€ a compra sucesiva de reactivos para o laboratorio de anatomía patolóxica da área sanitaria de Vigo

Adquirirase o material necesario para realizar tincións que permiten coñecer se o cancro dun paciente concreto responderá a un fármaco determinado

15/10/2025 | 21:32 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Sanidade

Gómez Caamaño destaca no fórum RIES 2025 a dixitalización da sanidade galega e o éxito de TELEA, que monitoriza xa máis de 23.000 pacientes

A plataforma Telea do Servizo Galego de Saúde foi recoñecida como boa práctica a exportar a outras rexións europeas no marco do proxecto CIRCE

15/10/2025 | 18:12 | C. de Sanidade

Ana Ortiz supervisa o inicio de vacinación intranasal de máis de 3.100 rapaces de 3 a 11 anos na área de Vigo

A delegada territorial da Xunta visitou o CRA Raiña Aragonta de Salceda de Caselas para compartir cos alumnos e profesores a experiencia desta campaña pioneira