Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.311 novas da área temática Deporte:

09/01/2025 | 14:19 | C. do Mar

A Xunta respalda ao Club de Remo da Pobra do Caramiñal e avalía as posibles vías de colaboración tras o incendio rexistrado nas súas instalacións

O conselleiro do Mar trasladou á entidade deportiva a proposta de colaboración con Portos de Galicia para a posta a disposición dunha nova nave a través dunha autorización administrativa de xeito inmediato

09/01/2025 | 13:44 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
02/01/2025 | 11:11 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta e a Deputación de Ourense garanten o remate do parque acuático de Monterrei cun investimento de case 3,6 M€

A través dun convenio que permitirá executar no bienio 2025-2026 as tres fases restantes do proxecto, que inclúen a ampliación das instalacións con novos vasos, tobogáns e outros elementos de lecer

30/12/2024 | 12:41 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta inviste preto de 650.000€ no centro deportivo municipal de Ribadavia coas axudas para proxectos estratéxicos do fondo adicional do fondo de cooperación local

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes visita o concello para coñecer as obras previstas, presupostadas en case 1,3 millóns de euros

30/12/2024 | 10:28 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta convoca as primeiras axudas de 2025 para o apoio ás entidades deportivas

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria da liña para o desenvolvemento de actividades deportivas destinada a clubs, sociedades anónimas, seccións e núcleos de adestramento especializado de Galicia