Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 104 novas da área temática Xustiza:

28/09/2023 | 15:07 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta ultima co concello de Coristanco o traslado do Xulgado de Paz

O director xeral de Xustiza, José Tronchoni, mantivo un encontro co alcalde da localidade, Juan García, para abordar os detalles da instalación do servizo en novas oficinas co obxectivo de garantir a accesibilidade

21/09/2023 | 11:37 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca o incremento nos últimos anos dun 25 % nas compensacións aos profesionais da quenda de oficio polo servizo de asistencia xurídica gratuíta

O director xeral de Xustiza, José Tronchoni, explicou hoxe no Parlamento de Galicia que a comunidade galega é unha das que mellor retribúe aos profesionais deste servizo cun aumento do 15 % de media nos baremos consensuados ata 2025

20/09/2023 | 16:05 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta e a Asociación Galega de Dereito Colaborativo acordan avanzar en novas vías de resolución alternativa de conflitos no eido xudicial

O Goberno galego e o colectivo traballarán na posta en marcha dun programa piloto coa implicación dos distintos operadores xurídicos, no marco da aposta por impulsar a colaboración entre a Administración e os profesionais

15/09/2023 | 11:51 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A unidade de vixilancia de edificios xudiciais avala o servizo de seguridade previsto pola Xunta para a cidade da xustiza de Vigo

O director xeral de Xustiza, José Tronchoni, mantivo unha xuntanza cos responsables da unidade por parte da Policía Nacional e a Garda Civil

12/09/2023 | 15:29 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta porá en marcha unha ferramenta informática de acceso e intercambio de datos entre as oficinas de atención ás vítimas e outros órganos implicados nos procesos xudiciais

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e o fiscal superior de Galicia, Fernando Suanzes, presidiron esta mañá a reunión da Comisión Mixta de Coordinación entre a Xunta e o Ministerio Fiscal

05/09/2023 | 10:31 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Policía Autonómica investiga unha persoa por un delito contra a flora e a fauna ao atrapar un azor nunha gaiola no concello coruñés de Rois

A ave capturada na trampa artesanal foi liberada coa colaboración dos axentes ambientais da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda tras avaliar o seu estado

31/08/2023 | 13:45 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
31/08/2023 | 10:26 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Policía Autonómica detén un home en Lugo por un presunto delito de violencia de xénero

A UPA ten asignada a protección de 285 vítimas de violencia de xénero nas distintas xefaturas da unidade

30/08/2023 | 12:27 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta traballa nunha nova lei de cooperativas para axilizar a creación de entidades e regular novos modelos de traballo colaborativo

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, visitou hoxe en Ribadavia as adegas de Viña Costeira, onde referendou o seu compromiso cunha fórmula que “dá prioridade aos beneficios sociais antes que á rendibilidade financeira”