Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.332 novas da área temática Comercio:

29/05/2025 | 13:59 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta e UPTA avanzan na colaboración a prol do tecido autónomo co foco na remuda xeracional, o emprendemento e a formación

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado polo secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, mantivo unha xuntanza co presidente da entidade, Eduardo Abad

28/05/2025 | 16:07 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta e o Concello de Cambados estudan posibles vías de colaboración para potenciar a praza de abastos do municipio

O conselleiro destacou a aposta do Executivo galego para impulsar os mercados de abastos como o mellor escaparate do produto galego de calidade, vencellándoos á contorna na que se integran tal e como reflicte o Plan estratéxico do comercio

28/05/2025 | 15:53 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta aposta por un modelo máis sostible no que se teñan en conta os intereses e os dereitos dos consumidores máis vulnerables

O director xeral de Violencia de Xénero, Roberto Barba, e o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participaron no II Congreso Internacional de Consumo, organizado por UCGAL

28/05/2025 | 12:53 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta salienta o labor do recinto feiral de Expourense como motor estratéxico da dinamización económica e comercial de Ourense

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, xunto co delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, participou esta mañá na presentación da Memoria de Actividades do ano 2024 de Expourense e a programación do ano 2026

26/05/2025 | 15:12 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Cultura, Lingua e Xuventude; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. do Mar; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; A Presidencia da Xunta; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta presenta preto de 60 proxectos ao Plan social polo clima por importe de arredor de 2.000 M€

Rueda destaca que esta planificación será a base para a aplicación en España do Fondo Social para o Clima (FSC) impulsado pola Unión Europea, que terá un orzamento de 9.000 M€ durante o período 2026-2032

23/05/2025 | 11:58 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

As persoas emprendedoras seleccionadas na segunda edición do proxecto Fixar inician as súas estancias nos coliving Sende, Anceu e Islow

Ata o 15 de outubro 80 nómades dixitais realizarán estadías de 15 días nalgún destes tres espazos implicados neste proxecto, co que a Xunta de Galicia e a Asociación Cultural Sende impulsan o modelo dos colivings