Actualidade
Buscador de novas
A Xunta promove a cultura da prevención desde a infancia a través do novo espazo educativo do Issga na delegación territorial de Pontevedra
José González visitou unha iniciativa que permite ao alumnado aprender a identificar riscos, adquirir hábitos seguros e incorporar coñecementos útiles para a súa seguridade, benestar e autonomía ao longo da vida
Rematan as obras de ampliación da escola infantil de Palas de Rei, financiadas pola Xunta con 47.500 euros
Villares comprobou o resultado da actuación, que permitirá aumentar a capacidade do centro ao pasar de 30 a 39 prazas
A Xunta destaca os preto de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Mondoñedo e os apoios dispoñibles para as persoas traballadoras autónomas
A secretaria xeral de Emprego e Relacións Laborais e a directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social participaron na vila mindoniense na ‘Xornada divulgativa para persoas traballadoras autónomas e emprendedoras’ impulsada por APE Galicia
Belén do Campo comproba no concello de Coirós o labor dos 8 traballadores contratados cun apoio de mais de 135.000€ do programa Galicia Suma Talento: rural activo
Na provincia da Coruña a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración destinou máis de 5 millóns de euros a esta liña de axudas o que permitiu a contratación de 283 persoas en 82 concellos
A Xunta comparte en Menorca o modelo galego de promoción de estilos de vida saudables e prevención das enfermidades crónicas desde as contornas de traballo
A representante do Executivo galego presentou un modelo de saúde que aposta por converter os centros de traballo en contornas que faciliten hábitos saudables e contribúan a previr as enfermidades crónicas
A Xunta convoca 1,2 M€ para contratar máis de 40 axentes de emprego a prol da inserción laboral das persoas con discapacidade ou en risco de exclusión
Hoxe arranca o prazo de solicitude das axudas para financiar a contratación deste persoal en entidades sen ánimo de lucro de cara a que poida colaborar na implantación das políticas activas de emprego na nosa Comunidade
Rueda pon en valor o traballo de cooperativas como Cofano para garantir o acceso rápido e seguro aos medicamentos en toda a comunidade
Asegura que para a Xunta é unha prioridade garantir a prestación farmacéutica en todo o territorio e facilitar a adherencia aos tratamentos
O Consello Galego de Pesca aproba, por unanimidade, a proposta de protección social para as mariscadoras e aborda o estado das negociacións do novo marco financeiro europeo
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, presidiu o primeiro pleno do órgano consultivo tras a renovación dos membros das súas comisións sectoriais de traballo