Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.449 novas da área temática Agricultura e gandería:

04/10/2025 | 21:17 | C. do Medio Rural

María José Gómez define o premio 'Mulleres da galeguidade' como un tributo á forza, á resistencia e ao compromiso do colectivo feminino do rural galego

A conselleira do Medio Rural recibiu en Barcelona este recoñecemento, que outorgan as asociacións Amigos de San Froilán e Xuntanza de Catalunya no marco da celebración das festas de San Froilán no distrito de Nou Barris da cidade

04/10/2025 | 12:17 | C. do Medio Rural

Medio Rural destaca a calidade da Faba de Lourenzá amparada pola indicación xeográfica protexida

No marco da festividade desta produción, a conselleira María José Gómez lembrou que a Xunta convocou achegas para esta IXP co fin de cubrir parcialmente os sobrecustos que implica producir este feixón galego con estándares de calidade superiores aos comúns e para paliar as consecuencias das malas colleitas dos últimos anos

03/10/2025 | 19:17 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; C. do Medio Rural

A Xunta detecta dous novos focos de gripe aviaria en aves silvestres nos concellos de Ordes e Ribeira

Corresponden a dous exemplares de gaivota patiamarela (Larus michahellis) recollidas en ambos municipios coruñeses e trasladados ao Centro de Recuperación de Fauna Silvestre da Consellería do Medio Ambiente e Cambio Climático de Oleiros, A Coruña

02/10/2025 | 17:11 | C. do Medio Rural

Medio Rural impulsa un novo proxecto de investigación e caracterización da Rosca de Sober

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria participou hoxe na presentación desta iniciativa, que ten como fin recuperar este doce tradicional

02/10/2025 | 15:27 | C. do Medio Rural

A Xunta e Cerdedo-Cotobade colaboran na posta en marcha dunha rede de calor con caldeira de biomasa que favorece o desenvolvemento rural sostible

A conselleira do Medio Rural e o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional participaron no acto de sinatura do convenio, dotado con máis de 516.000 euros