Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.292 novas da área temática Forestal:

06/09/2024 | 19:58 | C. do Medio Rural

Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 19.00 h. de hoxe

Controlado o incendio do concello pontevedrés de Crecente, parroquia de Filgueira, que segundo as últimas estimacións afecta arredor de 300 hectáreas e do que se atoparon probas que apuntan á súa intencionalidade

06/09/2024 | 13:13 | C. do Medio Rural

Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 13.00 h. de hoxe

Estabilizado o incendio do concello pontevedrés de Crecente, parroquia de Filgueira, que segundo as últimas estimacións afecta arredor de 300 hectáreas e do que se atoparon probas que apuntan á intencionalidade deste lume

06/09/2024 | 09:35 | C. do Medio Rural

Activo un incendio forestal no concello ourensán de Oímbra, parroquia homónima

O lume iniciouse ás 21.54 horas de onte xoves pola noite e segundo as primeiras estimacións afecta unha superficie de arredor de 20 hectáreas

05/09/2024 | 13:03 | C. do Medio Rural

Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 12.30 h. de hoxe

Continúa activo e en Situación 2 o incendio do concello pontevedrés de Crecente, parroquia de Filgueira, que segundo as últimas estimacións afecta arredor de 200 hectáreas

05/09/2024 | 09:26 | C. do Medio Rural

Activo un incendio forestal no concello pontevedrés de Crecente, parroquia de Filgueira

Decretouse a Situación 2 durante a noite como medida preventiva pola proximidade do lume aos núcleos de Ameixeira e Os Reinaldos

04/09/2024 | 17:48 | C. do Medio Rural

Activo un incendio forestal no concello ourensán de Entrimo, parroquia de Venceáns

O lume entrou de Portugal e afecta ao Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés

04/09/2024 | 15:16 | A Presidencia da Xunta; C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta apoia na comarca de Santiago a contratación de 45 desempregados para a prevención de incendios a través do programa Aprol Rural e 32 perceptores da Risga

A delegada da Xunta informou que, nesta área, a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración investirá máis de 1,1 millón de euros en ambos programas

31/08/2024 | 10:13 | C. do Medio Rural

Extinguido o incendio forestal do concello ourensán de San Cristovo de Cea, parroquia de Oseira

O lume iniciouse na tarde do pasado martes, día 27, e finalmente afectou unha superficie de 31 hectáreas de arborado

30/08/2024 | 15:48 | C. do Medio Rural

Extinguido o incendio forestal do concello pontevedrés de Crecente, parroquia de Filgueira

O lume iniciouse ás 23.27 horas de onte, día 29, e finalmente afectou unha superficie de 30 hectáreas de arborado

30/08/2024 | 10:45 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. do Medio Rural

A Policía Autonómica realizou máis de 8.600 inspeccións e tramitou 1.600 denuncias relacionadas con delitos no medio rural o pasado ano

A meirande parte da actividade centrouse na prevención e investigación de incendios forestais, con 7.755 inspeccións e 1.497 denuncias