Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.418 novas da área temática Medio ambiente:

08/06/2026 | 16:04 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; C. do Medio Rural; A Presidencia da Xunta

Rueda anuncia que a Xunta reforzará a loita contra o desperdicio alimentario e porá á disposición dos produtores unha plataforma web de venda directa co fin de evitar perdas

Salienta que será unha das medidas da nova Estratexia de prevención de perdas e loita contra o desperdicio alimentario en Galicia que porá en marcha o Goberno galego para ampliar o labor que xa se viña desenvolvendo neste eido desde a Xunta

08/06/2026 | 12:56 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Ángeles Vázquez insta a preservar os océanos polo seu papel clave para mitigar os efectos do cambio climático

Salienta que o coidado do mar debe ser unha responsabilidade compartida nunha comunidade como Galicia, con 2.555 km de costa e na que forma parte da súa identidade

06/06/2026 | 10:19 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta ofrece 368 rutas guiadas con arredor de 5.400 prazas para visitar o Parque Nacional das Illas Atlánticas entre os meses de xuño e setembro

As visitas son de balde pero as persoas interesadas deberán facerse cargo do custo do transporte ata as illas e inscribirse previamente na web da central de reservas ou ben de forma presencial nas casetas de información que hai en Cíes e en Ons

05/06/2026 | 16:15 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta defende un modelo de xestión do litoral en Galicia que se adapte ao territorio e transforme o coñecemento científico en accións en materia de clima

Paula Uría salienta que fronte á visión do litoral do Estado, que prima a prohibición e a restrición, a Xunta conta cunha lei que aposta por un modelo en clave galega, avalado polo Constitucional e baseado na integración económica, ambiental e social

05/06/2026 | 16:10 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta pon en valor o talento da mocidade galega para o deseño de proxectos innovadores e sostibles cos que mitigar os efectos do cambio climático

Ángeles Vázquez salienta o papel dos máis novos na innovación climática grazas ás súas ideas, a súa creatividade a súa forma distinta de ver o mundo

05/06/2026 | 16:04 | C. do Medio Rural

A Xunta mobilizará máis de 2,1 M€ no período 2025-2027 co Plan de conservación dos recursos xenéticos agrarios

Así o destacou o director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, na súa comparecencia, a petición propia, na Comisión 7ª do Parlamento para informar sobre este programa

05/06/2026 | 15:19 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta consolida un modelo integral de xestión de residuos baseado no apoio aos concellos, a concienciación cidadá e a aposta pola dixitalización

María José Echevarría sinala que este modelo pasa por unha xestión máis sostible dos residuos, sustentada na prevención como primeira opción e co tratamento dos biorresiduos como principal reto inmediato

05/06/2026 | 15:01 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Martina Aneiros destaca o compromiso da Xunta coa conservación e protección da píllara das dunas

A acción enmárcase dentro do programa de incubación artificial de ovos e cría de polos non voandeiros que desenvolve a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela

05/06/2026 | 14:27 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Manuel Pardo subliña os máis de 940.000 € que a Xunta destina a 23 concellos ourensáns para reducir as infiltracións nas redes de saneamento

Manuel Pardo supervisou o estado das obras para a rehabilitación de colectores con infiltracións e de dixitalización de infraestruturas de saneamento, na que a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático investiu preto de 45.000 euros, ao abeiro desta orde de axudas no ano 2025