Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 39.589 novas:

06/09/2026 | 14:36 | C. do Medio Rural

María José Gómez destaca o investimento de preto de 2,9 M€ nos últimos cinco anos para proxectos que favorecen o desenvolvemento rural na comarca de Lugo

A titular de Medio Rural resaltouno hoxe nunha visita ao proxecto turístico Ecocamp San Román, localizado no concello lucense de Guntín, que contou co apoio da Xunta a través da intervención Leader

06/09/2026 | 14:07 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta ofrece unha xornada de formación para impulsar a xestión e comunicación dixital dos museos

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude celebrará o vindeiro 8 de outubro na Cidade da Cultura un encontro con expertos como Javier Sainz de los Terreros ou Lidia García Merenciano

06/09/2026 | 13:06 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca a consolidación dos ‘Domingos Vivos’ como motor de dinamización comercial e cultural do casco histórico de Ribadavia

José González puxo en valor que a programación complementa a transformación que se está a impulsar na localidade a través da recuperación de locais en desuso e da posta en marcha de novos negocios, que chegarán a 15 este ano

06/09/2026 | 12:08 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras de renovación do firme en oito estradas no seu percorrido por 10 concellos da Costa da Morte, nas que inviste 3,4 M€

Actuarase a partir deste luns, 7 de setembro, na VG.-1.4, AC-404, AC-429, AC-444, AC-552, AC-546, AC-550 e AC-552, nos municipios da Baña, Cabana de Bergantiños, Cee, Fisterra, Laxe, Muros, Muxía, Santa Comba, Vimianzo e Zas

06/09/2026 | 11:15 | C. de Sanidade

A Xunta inicia mañá luns a toma de mostras da nova fase do proxecto Xenoma Galicia na área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

Os participantes que foron invitados a participar do distrito de Ourense poderán acudir, con cita previa, ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense ata o 24 de setembro

06/09/2026 | 10:56 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
06/09/2026 | 10:41 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta apunta a importancia de fomentar as iniciativas que favorecen a conciliación, como o campamento de verán de Fagamos

A directora xeral de Promoción da Igualdade, Eloína Ingerto, lembrou que o Goberno galego financia con 7,4 millóns de euros programas que favorecen o benestar das familias e a igualdade

06/09/2026 | 10:36 | C. do Mar

Galicia reclama á Comisión Europea que o esforzo da frota pola sostibilidade se traduza en estabilidade de cotas e seguridade xurídica para 2027

A Consellería do Mar remitiu as súas achegas á consulta pública lanzada por Bruxelas sobre a pesca sustentable na UE demandando que o Golfo de Biscaia e as augas ibéricas sexan recoñecidos como modelo de referencia en xestión responsable