Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.345 novas da área temática Igualdade:

17/08/2024 | 13:02 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta colabora co Festival Ponte Farruca de Laza para promover a diversidade e a igualdade no rural

A festividade ten lugar este sábado e conta con feira de artesanía e agrícola, tractorada, exposición de coches e actuacións musicais, entre outras actividades

14/08/2024 | 11:41 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina 1,3M€ á terceira edición do Plan Corresponsables para fomentar a conciliación a través de actividades deportivas organizadas por máis dunha vintena de federacións

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, visitou aos rapaces e rapazas que participaron esta mañá nunha actividade de bolos celtas organizada pola Federación Galega de Bolos

13/08/2024 | 13:44 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta felicita a Nova Galega de Danza polo seu proxecto ‘Dique’ que permite dar visibilidade ás mulleres da nosa historia

A obra pechará o círculo de actuacións o vindeiro 25 de agosto no propio Dique da Campá de Ferrol

11/08/2024 | 10:56 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta lembra que segue aberto o prazo para solicitar o Bono remuda e as axudas para impulsar a contratación de mulleres en sectores masculinizados

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais resolveu dúbidas sobre ambas ordes aos técnicos dos Polos de emprendemento e de entidades de traballadores autónomos, empresariais ou comerciais, así como a xestorías e graduados sociais

08/08/2024 | 09:45 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta publica as axudas para apoiar ás familias que reduzan a xornada laboral por coidado de menores e favorezan a corresponsabilidade

A convocatoria deste ano, dotada de 620.000 euros, ofrece axudas que poden oscilar entre os 1.700 e os 3.700 euros por un período máximo de oito meses

07/08/2024 | 16:26 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destina 2,3 millóns de euros no impulso de programas de promoción da igualdade de 86 entidades sociais galegas

Trátase de dúas liñas de axudas: Plan Corresponsables e a orde de axudas a entidades que traballan na atención especializada a mulleres en situación de especial vulnerabilidade

07/08/2024 | 12:40 | A Presidencia da Xunta; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Política Social e Igualdade

A Xunta financia a través do Plan Corresponsables as actividades de animación sociodeportiva que a Federación Galega de Fútbol promove en Ferrol

A delegada territorial, Martina Aneiros, participou esta mañá na presentación da iniciativa que se levará a cabo durante os meses de agosto, setembro, outubro e novembro no polideportivo da Malata e o campo de fútbol de Caranza

06/08/2024 | 13:13 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta abre mañá a convocatoria da axudas a entidades privadas de voluntariado para o fomento e a realización deste tipo de actividades

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude destina preto de 135.000€ co obxecto de difundir entre a sociedade a importancia desta participación solidaria