Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.036 novas da área temática Sanidade:

19/06/2025 | 15:10 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; C. de Sanidade

A Xunta lembra a necesidade de protexerse fronte aos efectos do sol durante o verán

Ángeles Vázquez destaca o esforzo que vén realizando MeteoGalicia para ofrecer unha detallada información sobre a radiación ultravioleta

19/06/2025 | 14:17 | C. de Sanidade

A Xunta remarca que o novo contrato con Povisa segue as recomendacións do Consello de Contas

A secretaria xeral técnica da Consellería de Sanidade, Natalia Lobato, subliña no Parlamento que se pasou do modelo de concerto a un contrato de servizos no que se paga en función da actividade realizada

19/06/2025 | 13:45 | C. de Sanidade

A Xunta renovará o plan sanitario do verán que demostrou a súa efectividade o pasado ano

O Goberno galego presentará nos vindeiros días a planificación da asistencia sanitaria para o período estival, que fará compatible unha atención de calidade coas vacacións dos profesionais e o incremento da poboación turística

19/06/2025 | 11:33 | C. de Sanidade
18/06/2025 | 15:17 | C. de Sanidade

A Xunta apoia a andaina solidaria contra o cancro que acollerá este domingo Outeiro de Rei

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou na presentación da iniciativa en favor da AECC, organizada polo Concello coa colaboración do Goberno galego

17/06/2025 | 17:44 | C. de Sanidade

A Xunta activa a alerta nivel 1 por altas temperaturas en diferentes zonas de Galicia nos próximos días

Entre o día de hoxe e o 20 de xuño haberá altas temperaturas en toda a comunidade

17/06/2025 | 14:53 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño destaca o cambio de paradigma que xa está a supoñer a introdución da intelixencia artificial no mundo da radioloxía

O responsable da Sanidade galega remarca que a radioloxía do futuro será máis integrada, máis eficiente e máis centrada no paciente

17/06/2025 | 14:09 | C. de Sanidade

A Xunta adxudica por 122.000 euros a redacción do proxecto de construción do novo centro de saúde de Meis

O novo centro disporá de tres consultas de medicina, tres consultas de enfermaría, unha sala polivalente e as correspondentes salas técnicas, de toma de mostras e espera de pacientes

17/06/2025 | 13:45 | C. de Sanidade

O centro de saúde de Ortigueira supera xa as 3.000 radiografías realizadas desde a posta en marcha da nova sala de raios, evitando desprazamentos a Ferrol

Desde a entrada en funcionamento da sala de raios o pasado agosto realízanse unha media de case 300 radiografías ao mes

17/06/2025 | 12:45 | C. de Sanidade

O Servizo Galego de Saúde publica o nomeamento como persoal estatutario fixo en diversas categorías de enfermería, fisioterapia, logopedia e terapia ocupacional

Adxudícaselles destino a 220 profesionais, 203 polo sistema de concurso-oposición e 17 por concurso de méritos nas sete áreas sanitarias