Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.014 novas da área temática Turismo:

16/06/2026 | 13:29 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta ultima os detalles para que o festival O Son do Camiño acolla máis de 125.000 persoas no Monte do Gozo desde este xoves

O director de Turismo de Galicia xunto co comisario do Ano Santo Xacobeo 2027 visitaron a montaxe da cita que xera da orde de 5.000 postos de traballo directos e indirectos

14/06/2026 | 11:11 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta impulsa en Ribadeo a celebración do foro ‘España Verde: un destino de calidade’ para reforzar a oferta turística da mariña luguesa

Busca analizar o papel dos territorios ante os novos retos climáticos e como afectan aos modelos turísticos, para o que se desenvolverán distintas mesas e debates

14/06/2026 | 09:36 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta convoca a nova edición do premio Elías Valiña para recoñecer o labor revitalizador dos camiños de Santiago

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude distingue con 15.000€ o traballo de entidades sen ánimo de lucro que promoven valores culturais, sociais e espirituais das rutas xacobeas

13/06/2026 | 10:07 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta arrinca a tempada de verán de turismo de festivais coas primeiras grandes citas de Concertos do Xacobeo

O Son do Camiño, Noites do Porto, Galicia Fest, Resurrection Fest e Tom Jones no Gozo Festival protagonizan o comezo do verán musical co apoio de Turismo de Galicia

12/06/2026 | 13:43 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta reforzará en outono a promoción do destino Galicia no mercado mexicano no marco da España Verde

A marca turística do norte peninsular participará o vindeiro novembro no encontro Norte Diem de Monterrey para reforzar a súa proxección internacional

11/06/2026 | 14:15 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta reitera o seu liderado nas xestións para facer efectivos os beneficios fiscais do Xacobeo 2027 e urxe celeridade ao Goberno para activalos

Reclamou que complete a constitución da Comisión Interadministrativa e un calendario claro para avanzar na súa aplicación e dar seguridade xurídica ás empresas patrocinadoras

11/06/2026 | 13:18 | Axencia de Turismo de Galicia

Vigo acollerá a saída da III Etapa Popular Camiño da Costa para reclamar a sinalización da ruta xacobea

A delegada territorial en Vigo, Ana Ortiz, presentou a iniciativa que se levará a cabo o vindeiro 21 de xuño

10/06/2026 | 21:29 | A Presidencia da Xunta

Rueda destaca a apertura do novo Consulado Honorario de México en Galicia como un paso estratéxico para reforzar o retorno da diáspora e a atracción de investimentos

Subliña que a nova sede en Ourense servirá como unha ponte para fortalecer os lazos históricos, culturais e económicos compartidos a ambos lados do Atlántico