Actualidade
Buscador de novas
A aclamada artista portuguesa Ana Lua Caiano e a banda chilena Calle Mambo actúan esta semana en ‘Atardecer no Gaiás’
O xoves actuará a cantante lisboeta, galardoada nos Premios da Música de Portugal pola súa innovadora fusión de folclore e vangarda sonora
A Xunta leva a Ribadavia a exposición de rúa ‘Botamos un baile?’ para pór en valor a historia das orquestras de verbena en Galicia
O proxecto nace a raíz dunha mostra que acolleu a Biblioteca de Galicia en 2023 e que agora se adapta a un formato de rúa que está a viaxar polas vilas da comunidade
A Xunta convoca os Premios da Cultura Galega 2025
Os galardóns recoñecen o labor creativo e a expansión a novos espazos nos ámbitos das Letras, Artes Visuais, Artes Escénicas, Música, Audiovisual, Lingua, Patrimonio Cultural e Proxección Exterior
A Xunta reforza o circuíto galego de festivais de artes escénicas con 280.000€ en subvencións a 13 certames
Forman parte desta convocatoria Danza no Claustro, en varios concellos ourensáns; Desfoga, en Cambados; Festaclown en Vilagarcía; Festival de Títeres de Redondela; FIOT, en Carballo; FITO, en Ourense; Galicreques e Imperdible en Santiago; MITCFC, en Cangas; Mostra de Teatro de Cariño; Sacra Festival, en Chantada; Singular, en Narón e Titiriberia, en Rianxo
Preto de 600 mozos participan nos campos de voluntariado da Xunta este verán
A actividade, organizada ao abeiro da Festa da Istoria, inclúe a preparación dos elementos ornamentais, obradoiros de baile, visitas e tarefas de dinamización turística
A Xunta celebra a contribución á creación escénica da Federación Galega de Teatro Amador, que cumpre 25 anos de traxectoria
O responsable de Cultura do Goberno galego, José López Campos, salienta o seu “relevante papel” como “espazo aberto, de acubillo e difusión do talento escénico”
A Xunta convoca os premios extraordinarios de ensinanzas artísticas profesionais nos ámbitos de música, de danza e de artes plásticas e deseño
Os galardóns recoñecen o esforzo e excelencia académica do alumnado galego nestas disciplinas e están dotados con 1.000 € por persoa premiada
A Xunta convoca a primeira edición do certame ‘Bibliotecas que inspiran’
Con esta actuación, o Goberno galego pretende dar continuidade ao Premio á innovación bibliotecaria de Galicia
López Campos celebra coa veciñanza da Estrada a primeira Rapa das Bestas de Sabucedo con recoñecemento de Ben de Interese Cultural
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude asiste ao festexo, ao que se lle acaba de dar a máxima protección polo seu valor cultural sobranceiro