Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 33 novas da área temática Eclipse Galicia:

11/08/2026 | 18:02 | C. de Política Social e Igualdade

Belén do Campo entrega os lentes aos usuarios da residencia Torrente Ballester para que poidan seguir a eclipse total con seguridade

A delegada da Xunta lembrou que desde onte xa se pode consultar a predicción específica de MeteoGalicia para o mércores 12 de agosto, con información por horas e para cada concello galego

10/08/2026 | 11:42 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta despide ‘Atardecer no Gaiás 2026’ esta semana con electrónica para a eclipse, un festival de rap e pop con actitude punk

O mércores 12 Galician Army ofrecerá un set de electrónica con alma galega para poñer banda sonora á tarde máxica da eclipse solar

07/08/2026 | 12:42 | Axencia de Turismo de Galicia; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa o plan territorial de emerxencias e constitúe o Cecopi para coordinar o dispositivo da eclipse

Este órgano entra en funcionamento de xeito preventivo para favorecer unha resposta coordinada ante calquera incidencia que poida producirse durante a xornada da eclipse

05/08/2026 | 12:24 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta pon a disposición da cidadanía unha predición meteorolóxica específica para o día da eclipse e apela a unha observación respectuosa co medio natural

MeteoGalicia habilita desde hoxe un novo espazo dixital na súa web que, tres días antes do evento, permitirá consultar en cada municipio o prognóstico completo e detallado para a mañá, a tarde e a noite do 12 de agosto

01/08/2026 | 11:51 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
01/08/2026 | 10:06 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta promove as Illas Atlánticas como punto estratéxico de observación da eclipse con actividades gratuítas arredor da astronomía

A programación prevista, que será gratuíta e está dirixida a todos os públicos, terá como data clave o 12 de agosto -coincidindo coa eclipse total de sol e coa chuvia de estrelas- e se prolongará ata a primeira fin de semana de setembro

31/07/2026 | 15:39 | Axencia de Turismo de Galicia

A estación de montaña de Manzaneda completa a ocupación para a eclipse solar e prepara unha programación para converter a experiencia nun evento inesquecible

A estación consolídase como referente para a observación do ceo nun momento clave para a futura certificación Starlight do destino ‘Ceos de Trives e Manzaneda’

27/07/2026 | 15:08 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Belén do Campo asiste á presentación da campaña “Unha vista única. Coídaa” para promover a observación segura do eclipse solar do 12 de agosto

A campaña lembra que nunca se debe mirar directamente ao Sol sen a protección homologada axeitada, xa que facelo pode provocar lesións graves e permanentes nos ollos

23/07/2026 | 15:33 | Axencia de Turismo de Galicia; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activará o Platerga e reforzará o transporte público por estrada no eixo atlántico, en Lugo e na Mariña co gallo da eclipse do 12 de agosto

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, avanzou hoxe esta medida co obxectivo de ofrecer unha alternativa ao vehículo particular nunha xornada na que se prevé un volume elevado de desprazamentos na comunidade

12/07/2026 | 10:33 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta acredita a 8.000 alumnos como guías escolares da eclipse tras superar a formación obrigatoria e completar diversas actividades

A iniciativa recoñece a formación do alumnado en astronomía e reforza o compromiso da Xunta co fomento da ciencia nas aulas