Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 566 novas da área temática Dixital:

02/10/2026 | 16:04 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Galicia comparte coas comunidades autónomas a súa Lei de Educación Dixital, unha norma pioneira a nivel nacional que regulará o uso da IA no ensino

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, intervén no I foro europeo EducaIA, que conta coa participación dos seus homólogos de Andalucía, Aragón, Baleares e Castela e León, ademais doutros altos cargos de CCAA

01/10/2026 | 13:48 | C. de Facenda e Administración Pública; Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

A Xunta e as empresas do novo Pacto Dixital comezan o traballo para a especialización de Galicia en tecnoloxía

O acordo, subscrito pola Xunta, os clústeres e as principais empresas do sector tecnolóxico, busca facer da economía do coñecemento un motor do desenvolvemento económico e social de Galicia ata 2030

01/10/2026 | 11:54 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca o potencial do comercio electrónico para impulsar a competitividade e abrir novos mercados

A directora do Igape, Covadonga Toca, participa en Pontevedra na inauguración da quinta edición de Ecommerce Days, o principal encontro anual do sector en Galicia

24/09/2026 | 11:34 | C. de Facenda e Administración Pública; Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

A Xunta presenta na Semana da IA de Asturias os sistemas para a detección de incendios e o desenvolvemento de asistentes virtuais

O director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia falou sobre o modelo de goberno da IA de Galicia, baseado na garantía de intervención humana, transparencia e control dos sistemas que emprega a Administración

23/09/2026 | 11:32 | C. de Facenda e Administración Pública; Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

A Xunta pon en marcha unha nova edición das xornadas sobre control parental para fomentar un uso responsable da tecnoloxía

As actividades desenvolveranse entre o 25 de setembro e 7 outubro en aulas da Rede CeMIT de 4 concellos galegos e no Centro GaiásTech

22/09/2026 | 12:34 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez sinala a lei de educación dixital como necesaria para establecer regras ante os novos desafíos e aproveitar tamén as súas oportunidades

Explica que se trata dunha ocasión para favorecer a mellora da calidade e a igualdade de oportunidades, así como para afrontar os retos que supón a intelixencia artificial e as novas tecnoloxías no ensino, onde non estaban regulados os seus usos

21/09/2026 | 11:24 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta pon en marcha unha nova edición do concurso ‘Ciberseguridade no cole!’ para concienciar aos máis novos no uso seguro da tecnoloxía

Está dirixido a alumnado de 5º e 6º de Primaria e de 1º e 2º da ESO co obxectivo de concienciar aos máis novos sobre o uso seguro da tecnoloxía

20/09/2026 | 11:02 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

A Xunta ofrece 250 obradoiros ás familias para axudalas a acompañar aos menores no uso seguro da tecnoloxía

Educación e Amtega lanzan unha nova edición do programa ‘Menores conectados: educación dixital en ciberseguridade e privacidade’ para familias do alumnado de 10 a 18 anos

18/09/2026 | 12:04 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca a intelixencia artificial como unha oportunidade para mellorar a competitividade do sector da madeira e o deseño

A directora do Igape, Covadonga Toca, participou na inauguración do Programa de Formación Directiva en Intelixencia Artificial impulsado polo Clúster da Madeira e o Deseño de Galicia

16/09/2026 | 15:10 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta fai fincapé na corresponsabilidade para blindar o benestar dixital do alumnado

A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa sinala no Parlamento que a Xunta está a acompañar ás familias neste proceso, respectando o seu espazo privado, pero facilitándolle formación e instrumentos como o Contrato de Vida Dixital