-
eServizos
- Administración electrónica
-
Chave365
- Que é e como funciona?
- Como xestiono a miña alta en Chave365?
- Onde solicito Chave365 de forma presencial?
- Como modifico a miña clave de acceso?
- Como recupero ou renovo a miña clave de acceso?
- Como renovo o meu usuario de Chave365?
- Como xestiono a baixa do meu usuario en Chave365?
- Outras preguntas frecuentes
- Sistema de notificacións electrónicas de Galicia Notifica.gal
- Nodo de interoperabilidade de Galicia - PasaXe!
- Catálogos dos sistemas dixitais
- Servizos no mapa
- Portais A...Z
- Aplicacións móbiles
- Canle axudas
- Sede electrónica
- Toponimia oficial
Que necesita para teletraballar?
Para teletraballar no ámbito da Administración de Xustiza en Galicia vai ser necesario dispor de:
- Un teléfono de contacto, a onde desviar o teléfono da oficina ou onde se lle poida localizar
- Un equipo informático suficiente para o acceso a internet
- Un acceso remoto seguro (VPN), para dispor dos recursos da rede interna da Xunta de Galicia
- Acceso remoto ao escritorio do posto de traballo, para dispor dos recursos do posto de traballo da oficina
- Certificado dixital, se vai asinar documentos ou utilizar un servizo que así o requira. É válido o certificado de empregado público ou outro certificado recoñecido (FNMT…)
Nos distintos apartados desta sección "Teletraballar da Administración de Xustiza en Galicia" facilítase información sobre como solicitar e como configurar as ferramentas necesarias, así como os principais recursos aos que se pode acceder.
Coa información dispoñible na páxina "Como conectarse á rede da Xunta?" poderá acceder á intranet de Xustiza onde atopará información máis ampla no apartado https://intranet.xustiza.gal/web/d.x.xustiza/teletraballo.
Só con dispor de acceso a internet xa pode acceder a moitas das ferramentas básicas de uso cotiá na xornada de traballo ordinario, como é o caso do correo corporativo, a Oficina Virtual do Persoal da Administración de Xustiza ou outras ferramentas transversais ou específicas da súa área de traballo.