- Inicio
- Goberno e institucións
- Consellerías
-
Consellería de Facenda e Administración Pública
- Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
- Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
- Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
- Consellería de Política Social e Igualdade
- Consellería de Economía e Industria
- Consellería de Facenda e Administración Pública
- Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
- Consellería de Sanidade
- Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
- Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
- Consellería do Medio Rural
- Consellería do Mar
- Función pública e xestión de recursos humanos
- A Dirección Xeral
- Estrutura e funcións
-
Subdirección Xeral de Desenvolvemento e Avaliación Profesional
- Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Relacións Laborais
- Subdirección Xeral de Xestión, Programación e Ordenación de Persoal
- Subdirección Xeral de Provisión de Postos e Selección de Persoal
- Oficina de Incompatibilidades e Boas prácticas
- Subdirección Xeral de Desenvolvemento e Avaliación Profesional
- Servizo de actualización de datos
A Dirección Xeral
-
A Dirección Xeral
- Funcións e competencias
-
Estrutura e funcións
- Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Relacións Laborais
- Subdirección Xeral de Xestión, Programación e Ordenación de Persoal
- Subdirección Xeral de Provisión de Postos e Selección de Persoal
- Oficina de Incompatibilidades e Boas prácticas
- Subdirección Xeral de Desenvolvemento e Avaliación Profesional
- Servizo de Actualización de Datos
- Avisos
- Funcionarización e promoción específica
- Carreira administrativa e complemento de desempeño
- Plan de Igualdade da Xunta de Galicia
-
Estrutura e funcións
- Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Relacións Laborais
- Subdirección Xeral de Xestión, Programación e Ordenación de Persoal
- Subdirección Xeral de Provisión de Postos e Selección de Persoal
- Oficina de Incompatibilidades e Boas prácticas
- Subdirección Xeral de Desenvolvemento e Avaliación Profesional
- Servizo de Actualización de Datos
DIRECCIÓN XERAL DE EMPREGO PÚBLICO E ADMINISTRACIÓN DE PERSOAL
Subdirección Xeral de Desenvolvemento e Avaliación Profesional
Á Subdirección Xeral de Desenvolvemento e Avaliación Profesional correspóndelle realizar as seguintes funcións:
- A determinación dos diferentes niveis de desenvolvemento profesional e avaliación das categorías e competencias existentes na organización, impulsando o crecemento e fomentando as políticas de innovación na Administración pública galega, co fin de adaptalas ás necesidades e obxectivos do servizo público; a elaboración de plans e programas encamiñados á mellora do desenvolvemento das competencias profesionais para potenciar e impulsar a calidade dos servizos; a análise dos sistemas de promoción profesional para os procesos de funcionarización e elaboración das propostas para o seu desenvolvemento e posta en práctica, sen prexuízo das competencias atribuídas a outros órganos.
- O deseño dos procesos de modernización organizativa da Administración xeral da Xunta de Galicia, baseada na avaliación dos sistemas de recoñecemento profesional do persoal ao seu servizo e valoración da súa incidencia no sistema de carreira administrativa do persoal funcionario e do complemento de desempeño do persoal laboral do V Convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia; a elaboración das propostas de resolución de recoñecemento da carreira administrativa do persoal funcionario e do complemento de desempeño do persoal laboral do V Convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia e, en xeral, aqueloutras funcións que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas, sen prexuízo das competencias atribuídas a outros órganos.
- O desenvolvemento e a execución dos procedementos nos procesos de funcionarización do persoal laboral fixo.
- O estudo e a elaboración de informes de persoal en materia da súa competencia.
- A preparación, conxuntamente coas outras subdireccións e coa Oficina de Incompatibilidades e Boas Prácticas deste centro directivo, dos anteproxectos normativos en materia de función pública.
- A fixación dos criterios para a elaboración das convocatorias dos concursos específicos por parte das persoas titulares das consellerías. A supervisión, asesoramento e coordinación coas consellerías dos concursos específicos do persoal funcionario e laboral
- A coordinación coa Escola Galega de Administración Pública (EGAP), no eido da formación do persoal empregado público dependente da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal.
- A coordinación e seguimento coa Consellería de Política Social e Igualdade e outros organismos necesarios na integración das persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos de discapacidade intelectual.
- A coordinación e seguimento das medidas contidas no Plan de igualdade da Xunta de Galicia.
- A coordinación coa Dirección Xeral de Simplificación Administrativa e do Patrimonio no deseño e implantación da planificación por obxectivos nas consellerías e entidades públicas instrumentais do artigo 45.a) da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
- O desenvolvemento e a execución dos procedementos nos procesos da modalidade específica de promoción do persoal laboral a que se refire a disposición adicional décimo sétima da Lei 2/2015, do 29 de abril.
- En xeral, cantos asuntos lle sexan asignados en razón da súa competencia pola persoa titular da dirección xeral.
Para o cumprimento das súas obrigacións, a Subdirección Xeral de Desenvolvemento e Avaliación Profesional contará coas seguintes unidades administrativas con nivel orgánico de servizo:
- Servizo de Desenvolvemento Profesional, que desenvolverá as seguintes funcións:
- A elaboración dos plans de necesidades en competencias de desenvolvemento profesional do diferente persoal empregado público da Xunta de Galicia.
- A elaboración das propostas normativas para a elaboración dos procedementos de recoñecemento profesional.
- O asesoramento e o deseño dos procedementos para a implantación do sistema de carreira administrativa do persoal funcionario e do complemento de desempeño do persoal laboral do V Convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia.
- A planificación e coordinación da implantación dos sistemas de carreira administrativa do persoal funcionario e do complemento de desempeño do persoal laboral do V Convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia, dentro do seu ámbito de competencia.
- Servizo de Planificación Administrativa, que desenvolverá as seguintes funcións:
- O deseño, a planificación e a realización dos procesos de funcionarización do persoal laboral fixo, dentro do seu ámbito de competencia.
- O deseño, a planificación e a realización dos procesos de modalidade específica do persoal laboral da disposición adicional décimo sétima da Lei 2/2015, do 29 de abril.
- A coordinación coas unidades administrativas implicadas nos sistemas de información, sen prexuízo das competencias atribuídas a outros órganos.
- A elaboración dos informes e outros asuntos necesarios para a execución das medidas previstas no Plan de igualdade da Xunta de Galicia.
- Consulta do Rexistro de Actividades de Altos Cargos
- Consulta de anuncios de comisións de servizo e adscricións temporais
- Consulta das autorizacións de compatibilidade
- Autorizacións do exercicio de actividade privada ao cesamento de altos cargos
- Expediente administrativo
- Solicitudes normalizadas
- Xeración de reclamacións
- Verificación e descargas
- Subscrición ás novas de Función Pública