Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.749 novas da C. de Emprego, Comercio e Emigración:

05/06/2026 | 12:51 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta felicita á cesteira Idoia Cuesta por ser elixida a mellor artesá de vangarda na V edición dos premios do Círculo Fortuny

A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, acompañou a artesá afincada en Outeiro de Rei onte en Madrid, onde recibiu o galardón

05/06/2026 | 10:45 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta dinamiza o centro histórico de Ribadavia a través de cursos de oficios artesanais no marco do proxecto Vilas Vivas

A Fundación Artesanía de Galicia organiza un curso de iniciación á marroquinería e dous de estampaxe sobre téxtil que se celebrarán os sábados 20 e 27 de xuño na Casa da Artesanía de Galicia

04/06/2026 | 19:30 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta participa na homenaxe a Miguel Agromayor e agradece toda unha vida de compromiso co comercio da provincia

Os representantes do Goberno autonómico destacaron a súa capacidade de diálogo, a súa entrega a sector e o seu papel como referentes na defensa do comercio de proximidade

04/06/2026 | 14:52 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Manuel Pardo agradace a ‘Aspamadis’ o seu traballo a prol da empregabilidade das persoas con discapacidade

Manuel Pardo louvou o obxectivo de empresas como Aspamadis na procura de actividades susceptibles de ser desenvolvidas por persoas con discapacidade intelectual, no marco dun Centro Especial de Emprego, co obxectivo de promover a formación, a integración laboral e a normalización social

04/06/2026 | 13:50 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta mobilizou 45,3 M€ para impulsar o bo momento da economía social galega pechando 2025 con 250 entidades máis e 760 novas persoas socias

A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social compareceu hoxe a petición propia na Comisión 3ª de Economía, Facenda e Orzamentos, para dar conta do desenvolvemento da Estratexia galega de economía social o pasado exercicio

04/06/2026 | 13:06 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta concede á praza de abastos de Ribeira o selo de Mercado Excelente e eleva a cinco o total de instalacións dotadas con este distintivo en Galicia

No marco do compromiso autonómico coa ampliación da Rede de Mercados Excelentes e coa previsión de acadar as 25 prazas de abastos con este selo en 2030, a ribeirense súmase a unha lista na que xa se atopaban Tomiño, Vilagarcía, Pontedeume e Carballo

04/06/2026 | 12:37 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta de Galicia celebrará sete cursos de formación en oficios artesanais durante o XIII Corazón da Artesanía de Agolada

A Fundación Artesanía de Galicia celebra do 3 ao 5 de xullo un novo Encontro da Artesanía Tradicional e Popular de Galicia, evento que foi recoñecido co Premio Promociona para Entidades Públicas nos Premios Nacionais de Artesanía 2023

04/06/2026 | 11:12 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta reforza o pulo á integración laboral das persoas con discapacidade e en risco de exclusión coas axudas de 2026 á contratación de persoal preparador

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria deste ano do programa de emprego con apoio, ao que se destinan 450.000 euros