Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.754 novas da C. de Emprego, Comercio e Emigración:

20/05/2026 | 12:32 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta enxalza a nova tenda efémera de Galega de Artesáns como unha aposta innovadora pola comercialización da marca Artesanía de Galicia

O espazo estará aberto ata mediados de outubro na sede da Fundación Gonzalo Torrente Ballester, situada na rúa do Vilar, e reúne arredor de 800 pezas elaboradas por 22 obradoiros socios de AGA inscritos en Artesanía de Galicia

19/05/2026 | 16:42 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Facenda e Administración Pública; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; A Presidencia da Xunta

Rueda apela á unión das comunidades do noroeste ante retos como as infraestruturas ou o modelo de financiamento autonómico

Lamenta que a AP-9 siga sendo unha das autoestradas coas peaxes máis altas e todos os atrasos acumulados no debate para a súa transferencia

19/05/2026 | 14:39 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta gaba o Foro O Porriño Conecta Talento como un escaparate para coñecer as oportunidades formativas e profesionais

Os conselleiros de Educación e de Emprego visitan o evento, que conta con participación de centros educativos, empresas e administracións

19/05/2026 | 13:05 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon en valor a colaboración coa Deputación de Ourense e os concellos do Carballiño e Xinzo na mellora das prazas de abastos destes municipios

José González destaca a achega autonómica de máis de 1 M€ para a renovación do mercado do Carballiño, e de case 147.000 euros para a mellora do de Xinzo de Limia, roldando neste segundo caso, en total, os 0,5 M€ en apoios do Goberno galego

19/05/2026 | 12:21 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca o labor de acompañamento e apoio desenvolvido pola Oficina de retorno coa atención a máis de 1.500 familias na área de Vigo no 2025

González expón que esta atención contribúe a froitos na área viguesa como as preto de 120 achegas extraordinarias ao retorno concedidas ou os máis de 20 proxectos de autoemprego apoiados no 2025 a persoas retornadas

19/05/2026 | 11:19 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta achégalles aos escolares da Pobra de Trives o oficio tradicional dos zoqueiros

A artesá Elena Ferro estivo no CEIP Plurilingüe Manuel Bermúdez Couso para amosar o proceso de elaboración dos zocos, no marco da unidade didáctica Eu son zoqueira

18/05/2026 | 16:50 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Rueda destaca as empresas familiares como base da economía galega e impulsoras do crecemento da comunidade

Salienta que transmiten valores que identifican ao pobo galego como a cultura do esforzo, a responsabilidade ou a estabilidade

18/05/2026 | 15:26 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Sanidade

A Xunta reforza a inspección sanitaria con 18 novos profesionais para dar resposta ás medidas de mellora da xestión das baixas laborais

O presidente do Executivo autonómico, Alfonso Rueda, anuncia que se incorporará persoal inspector médico e subinspector sanitario ás sete áreas

18/05/2026 | 14:10 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Manuel Pardo salienta o apoio da Xunta aos centros especiais de emprego cunha nova orde de 27 M€ para favorecer a inclusión laboral de persoas con discapacidade

O delegado territorial destacou que na orde do 2025, foron 13 centros beneficiarios na provincia de Ourense, aos que a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, destinou preto de 1,3 M€ para o mantemento de 217 postos de traballo