Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.754 novas da C. de Emprego, Comercio e Emigración:

23/01/2026 | 11:01 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta publica o novo modelo de formación para persoas ocupadas dotado con 10,6 M€ para reforzar a conexión entre empresas e entidades formativas

O DOG publica hoxe a orde de apoios Galicia Suma Talento: formación persoas ocupadas que poderán solicitar centros acreditados desde o 30 de xaneiro ata o 1 de decembro para a posta en marcha de accións a demanda do tecido produtivo

22/01/2026 | 13:19 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Manuel Pardo salienta o compromiso da Xunta na mellora da competitividade do comercio da provincia

O delegado territorial da Xunta resaltou que conxunto da provincia 65 comercios obtiveron apoio na orde de 2025, con axudas que suman preto de 385.000 euros

22/01/2026 | 10:06 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta reforza o compromiso coa inserción laboral das persoas en situación ou risco de exclusión social cunha nova convocatoria de axudas de 1,5 M€

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria 2026 destas achegas dirixidas ás entidades inscritas no Rexistro Administrativo das Empresas de Inserción de Galicia

22/01/2026 | 09:50 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta lanza a nova orde de escolas abertas para formar a 80 docentes das entidades galegas no exterior que atenden a máis de 5.000 persoas

A convocatoria contempla estadías en Galicia previstas para o mes de xullo con obradoiros prácticos centrados en disciplinas tradicionais como gaita, baile, pandeireta ou cociña, e tamén na capacitación de persoal directivo

21/01/2026 | 14:04 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta impulsa a elección profesional libre de prexuízos de xénero cunha nova edición do programa ‘Que non te líen, ti elixes’ en centros de secundaria

Está destinada aos centros educativos galegos sostidos con fondos públicos, que poden solicitar ata o 5 de febreiro participar nesta convocatoria para que o seu alumnado de 3º e 4º da ESO reciba charlas no segundo e terceiro trimestre deste curso

21/01/2026 | 13:35 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta achegou o ano pasado 27.000 euros a seis comercios da comarca de Sarria para impulsar accións de mellora da competitividade

O delegado territorial, Javier Arias, explica que se acolleron ás axudas para impulsar iniciativas de dixitalización, modernización e sostibilidade ambiental no sector comercial e artesanal

21/01/2026 | 12:37 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta renova o selo de Mercado Excelente a Vilagarcía e promove unha nova edición de apoios para potenciar as prazas de abastos dotada con 2,3 M€

O conselleiro destacou o compromiso deste espazo por diferenciarse e adaptarse ás novas tendencias de consumo, ostentando esta acreditación autonómica xunto coas de Tomiño, Pontedeume e Carballo

20/01/2026 | 15:32 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta achegou máis de 155.000 euros a 18 comercios da zona sur da provincia de Lugo para apoiar actuacións de mellora da competitividade

O delegado territorial, Javier Arias, explica que se financiaron con cargo ás axudas concedidas en 2025 para impulsar iniciativas de dixitalización, modernización e sostibilidade ambiental no sector comercial e artesanal

20/01/2026 | 15:11 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Belén do Campo valora que os comerciantes e artesáns santiagueses solicitasen axudas para apoiar a dixitalización, a innovación e a sustentabilidade

A delegada da Xunta visitou esta mañá dous establecementos en Santiago de Compostela beneficiarios da orde de axudas de apoio ao comercio minorista e artesanal